Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca o clima de colaboración no encontro institucional co alcalde...

Luis López destaca o clima de colaboración no encontro institucional co alcalde de Poio para impulsar proxectos conxuntos na vila

- Anuncio -

O presidente da Deputación e o alcalde de Poio analizaron, entre outras actuacións, a situación da estrada provincial que une A Granxa coa contorna da Seara

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de manter a primeira reunión institucional do 2024 co alcalde de Poio, Ángel Moldes, para avanzar no impulso de proxectos conxuntos na vila. Na xuntanza, que tivo lugar este martes no Pazo Provincial da Deputación, os dirixentes repasaron proxectos en común que ambas administracións teñen en marcha en Poio e avanzaron actuacións de futuro.

No encontro, que durou arredor dunha hora e se desenvolveu nun clima de total colaboración, “abordáronse –tal e como detallou Luis López- temas de sumo interese para o concello de Poio, moi importante para a provincia e que está a facer un esforzo considerable para afrontar novos retos e mellorar a calidade de vida da súa veciñanza”. En concreto os dirixentes afondaron na reforma do Ateneo de Combarro, que ten todos os trámites xa preparados, e na estrada provincial que une A Granxa e A Seara. Neste último caso, analizouse a situación de partida da actuación e o estado do proxecto, co obxectivo de dar a coñecer aos veciños, con transparencia, o que alí se vai realizar e analizar con eles se é preciso executar algunha modificación.

O presidente provincial asegurou, nesta primeira reunión institucional do 2024, que o ano comeza para a Deputación de Pontevedra co orzamento en vigor, en funcionamento dende o 1 de xaneiro, e con “medidas de gran calado para os concellos”. Entre elas, Luis López situou ao Plan de Infraestruturas Deportivas, para executar novos equipamentos ou mellorar as dotacións deportivas dos concellos da provincia, como Poio. Tamén ao Plan +Provincia, con 4,2 millóns de euros máis de recursos; con maior autonomía local aos concellos, ao permitirlles definir o destino dos recursos con máis liberdade; cunha nova liña para proxectos transformadores e, ademais, tendo en conta o reto demográfico, do que Poio se beneficia.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas