O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde á inauguración do XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que tivo lugar no Pazo da Cultura. Nel, Manuel Albariñas dirixiu un espectáculo multidisciplinar que contou coa participación do Coro do IES A Xunqueira I, da Escola Superior de Deseño e Moda de Galicia, Magia en la Manga, Su Garrido Pombo, Adela Bértolo, Iván Davila, Xandre Sierra e Olivia Bern.
Ao remate do espectáculo, o vicepresidente provincial xunto co resto de autoridades presentes, puido desfrutar dunha visita pola Sala de Exposicións do Salón, que este ano está dedicado á maxia e que, con Cataluña como rexión invitada, programará un gran número de actividades en diferentes puntos da cidade ata o vindeiro 17 de marzo.

