O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na presentación do último libro de Xacobe Medina, “Breve historia da normativización do galego (a verdade tras o Decreto Filgueira)”, que tivo lugar no Museo de Pontevedra e na que ademais do propio autor estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director de Edicións Fervenza, Manuel Núñez, e a escritora, profesora e xornalista Fina Casalderrey, autora do prólogo. Domínguez destacou o “incuestionable rigor expositivo deste libro, que recompila como se foi reconstruíndo a lingua galega despois do silencio e abandono que padeceu durante séculos”.
Nesa liña, o presidente provincial, quixo darlle os parabéns ao autor, bisneto de Xosé Filgueira Valverde, antigo director do Museo e antigo alcalde de Pontevedra, “por este libro e polo teu traballo salvagardando e lembrando a figura do teu bisavó. Tamén por todo o que, ao longo dos últimos anos, tes conseguido por mérito propio, tanto no ámbito das letras como no da música”.

