O vicepresidente Rafa Domínguez recibe a un grupo de 33 escolares do CEIP San Martiño de Salcedo que participaron no programa “Coñece o Museo”

adminON
Lectura mínima de 2

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de recibir no Museo de Pontevedra a un grupo de 33 escolares de 1º de Primaria do CEIP San Mariño de Salcedo (Pontevedra) que participaron no programa “Coñece o Museo”. Durante a súa visita, os alumnos realizaron “Mira que te miro”, unha actividade participativa dirixida a aprender a observar unha obra de arte, xerando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos. “Trátase –explicou Domínguez- de que os alumnos poidan recoñecer o relato que esconden as obras de arte e como construíndo historias poden crear vínculos e afectos pola arte e polo Museo de Pontevedra desde ben pequenos”.

O programa da Deputación de Pontevedra ‘Coñece o museo’, financiado con 30.000 €, está dirixido a centros da provincia de Pontevedra, á excepción do centro urbano da capital, desde segundo grao de educación infantil ata secundaria, incluídos os ciclos formativos de grao medio. Financia un autobús por cada centro durante o ano natural e grazas a este apoio visitaron o Museo de Pontevedra o ano pasado 128 centros educativos dos concellos de Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. En total, no 2023 foron 13.287 os escolares que se achegaron ás visitas e actividades didácticas organizadas para eles no Museo de Pontevedra.

Comparte este artigo