Home Lugo A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por nevaradas nas zonas...

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense

- Anuncio -

— Agárdanse acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude e de ata 5 centímetros en altitudes entre os 300 e os 500 metros


— Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese


— Suspéndese o transporte escolar toda a xornada de mañá nas montañas de Lugo e Ourense e, na tarde do martes, nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar para mañá alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña das provincias da Coruña e Lugo.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por nevaradas comezará mañá a primeira hora da mañá nas áreas de montaña de Lugo e Ourense por acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude e de ata 5 centímetros en altitudes entre os 300 e os 500 metros. Ademais, no interior da Coruña; na Mariña lucense e no centro e sur de Lugo; nas zonas do noroeste, sur e Valdeorras e no interior da provincia de Pontevedra estará activo o nivel de aviso amarelo debido a acumulacións de neve que poden superar os 4 centímetros entre os 300 e os 500 metros de altitude.

Ante as nevaradas, recomendase evitar as viaxes en automóbil sempre que non sexan necesarias e levar sempre o depósito cheo. Tamén se recomenda usar a roupa e calzado axeitado, evitar que persoas maiores saian á rúa e ter a man lanternas e cadeas.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Transporte escolar
Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión do transporte escolar durante toda a xornada de mañá martes 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense. Ademais, ese mesmo día, queda suspendido o servizo en horario de tarde nos centros das zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. Nestas últimas localidades, farase seguimento das condicións climáticas ao longo da mañá, por se houbera que tomar decisións adicionais.
En canto ás actividades, quedan suspendidas as que se realicen no exterior nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas. A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas