Home Ourense O Ribeiro A Xunta abrirá dous novos polos de emprendemento en Valdeorras e Miño...

A Xunta abrirá dous novos polos de emprendemento en Valdeorras e Miño central que xunto co de Verín ofrecerán servizos ao 100% dos concellos ourensás

- Anuncio -

― A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada de clausura do coworking que a Xunta activou na Rúa e no que se prestou asesoramento a vinte proxectos empresariais


― Referendou o compromiso da Xunta na posta en marcha de novas ideas de negocio a través da Rede de Polos de Emprendemento que contará con 12 centros en toda Galicia en 2023


― O Goberno galego apoiará o traballo autónomo cun novo programa en 2023 que destinará 30M€ para axudar uns 25.000 profesionais con apoios medios de 1.200 euros

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada Demo Day que puxo fin ao espazo coworking promovido pola Xunta de Galicia na Rúa, que prestou apoio a vinte proxectos empresariais. No acto, Ardao referendou o compromiso do Goberno galego para coas políticas coordinadas de promoción das iniciativas de negocio, que veñen de acadar un fito coa posta en marcha da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, o primeiro deles en activo desde este verán en Verín para dar servizo á área Ourense centro e Sur.

A directora xeral anunciou que o próximo ano abriranse outros dous novos polos que darán servizo a rexión Miño Central e Valdeorras, co que se estenderá a cobertura dos seus servizos a todos os concellos da provincia. Galicia contará cun total de 12 centros antes de que remate 2023, cinco deles estarán activos este mesmo ano: Ourense Centro e Sur, Pontevedra Sur e Rías Baixas e Costa da Morte -xa en marcha- aos que sumarán outros dous en Ferrolterra e comarca de Lemos.

A través destes polos, detallou Ardao, ofrécese “unha rede unificada e coordinada, conformada por titores que acompañan desde o comezo e durante cada etapa ás persoas que inician a súa andaina empresarial”. Trátase de brindarlles as ferramentas para que sexan capaces de emprender “en condicións de seguridade e para garantir que os seus negocios crezan e se poidan consolidar no tempo”, engadiu.

Apoios ao traballo autónomo
A Xunta está tamén a fortalecer os negocios dos emprendedores xa constituídos e que destinará en 2023 un total de 30 millóns de euros a unha nova liña específica, Impacto Autónomo, “para dar unha axuda de ata 1.200 euros a cada autónomo a maiores dos programas comúns da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e axudalos a palíar as subidas de prezos, enerxéticas, de combustibles ou de materias primas”, indicou Ardao.

Ata o 4 de novembro, por outra banda, mantense aberto o prazo de solicitude das axudas do programa Xempre Emprendemento que con 2,8 millóns de euros quere apoiar ás persoas que emprenderon desde o 1 de xaneiro de 2020, en plena pandemia, e manteñen os seus negocios en activo. Poderán recibir axudas de 3.000 a 30.000 euros para sufragar cos gastos ordinarios asumidos neste 2022 entre outros para a adquisición de informática, mobiliario ou de eficiencia enerxética.

Todas estas medidas insírense estratexia Xempre Contigo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa que o Goberno galego está a impulsar a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio aos traballadores autónomos e á economía social.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas