Home Verín Monterrei A Xunta resolverá o contrato da 1ª Fase do Parque Acuático no...

A Xunta resolverá o contrato da 1ª Fase do Parque Acuático no Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei e xa traballa na licitación dun novo acordo

- Anuncio -

A empresa Proyecon Galicia, SA solicitou a suspensión do contrato alegando un incremento de custos de produción por mor da falta de subministracións e a folga de transportes

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de informar que nas vindeiras datas resolverá o contrato adxudicado a Proyecon Galicia S.A. para a construción do parque acuático do Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei. Esta 1ª fase do parque acuático tiña previsto rematar en xullo de 2022 coa construción da piscina familiar, polo que este verán, as piscinas do complexo de Monterrei non estarán dispoñibles ao público.

Tras a inauguración da fase deportiva do Complexo Deportivo de Monterrei, a inicios do pasado ano 2021 que contou cun orzamento de 1.022.866,17 euros para a execución dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas, a ampliación da cuberta da pista de atletismo e unha nova instalación de pump track indoor; o pasado 5 de novembro arrancaron as obras da primeira fase do parque acuático adxudicadas á empresa Proyecon Galicia S.A. por un importe de 4.701.920,85 euros e cun prazo de execución de oito meses.

O pasado 14 de marzo a empresa decidiu deter, de motu propio, a execución da obra por mor da crise de subministracións e o conseguinte encarecemento dos materiais de construción. Ante esta situación, o 19 de maio, a empresa solicita unha modificación do contrato na que achegan unha estimación do aumento do importe da obra que ascendería aos 5.828.165,73 euros (IVE excluído). Tras avaliar esta proposta e analizando o texto da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Galicia traslada á empresa adxudicataria a proposta de modificación de contrato nos termos económicos estimados pola dirección facultativa das obras, por un importe de 4.842.964,03 € (IVE excluído), que supón un aumento do 21,24% respecto do prezo inicial do contrato.

O pasado 10 de xuño, Proyecon Galicia S.A. responde rexeitando a proposta de modificación do contrato e solicitando a resolución do contrato. A Secretaría Xeral para o Deporte xa traballa na resolución do contrato e na licitación por procedemento urxente dun novo acordo para a finalización da primeira fase do complexo acuático de Monterrei, que arestora, se atopan executadas ao 14,38%.

Neste sentido, a Xunta de Galicia quere manifestar as súas desculpas aos veciños de Monterrei e da provincia de Ourense pola demora ocasionada que non permitirá abrir as piscinas neste verán pero xa se atopa traballando arreo para acadar unha rápida solución o antes posible. O proxecto total de remodelación do Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei contará cun orzamento total próximo aos 10 millóns de euros e que serán cofinanciados ao 50% entre Xunta e Deputación de Ourense.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas