Home Allariz-Maceda Allariz A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Ourense instrumentos...

A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Ourense instrumentos de apoio para potencial a súa competitividade e crecemento

- Anuncio -

— A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Allariz na segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro na provincia de Ourense

— Esta xira realizará un total de 14 encontros por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais

— Na xornada achegouse información sobre os diferentes programas de axudas da Xunta de Galicia que as empresas teñen ao seu dispor e celebrouse unha mesa redonda de casos de éxito coas empresas da zona MRF Solutions, especializada no deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial; e Lincbiotech, dedicada á I+D e comercialización de produtos e servizos para o sector biomédico

— Beade acollerá o vindeiro luns 21 de marzo o último encontro na provincia de Ourense

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Allariz na segunda parada na provincia de Ourense da iniciativa Camiño de futuro, posta en marcha pola Administración autonómica co obxectivo de difundir entre as pequenas e medianas empresas de contornas non urbanas os instrumentos de apoio dirixidos a mellorar a súa competitividade e crecemento.

Patricia Argerey destacou que o obxectivo destes encontros, que se inscriben no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, é animar ás pequenas e medianas empresas a iniciar o camiño da innovación, para ser máis competitivas e medrar, así como para facer fronte aos retos globais actuais que dificilmente se poden abordar sen innovación. Ademais, apuntou que o papel da Administración é o de acompañar nesta senda ás pemes, que constitúen unha prioridade para a Xunta de Galicia como motor da economía galega.

Ademais destes encontros, que percorrerán catorce puntos da xeografía galega ao longo dos meses de marzo e abril, o Programa de Impulso á Innovación nas Pemes inclúe outras actuacións, como liñas de axuda pensadas para empresas tradicionais e sectores maduros que queren empezar a innovar; difusión da cultura da innovación para incrementar o número de pemes innovadoras; desenvolvemento de contidos formativos e ferramentas para que as pemes poidan avaliar a súa capacidade para innovar; difusión de casos de éxito de empresas innovadoras da contorna e asesoramento personalizado.

No encontro celebrado en Allariz persoal de Gain e do Igape, dependentes da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, así como dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) Asociacion Monteval e Limia-Arnoia, explicaron as diferentes convocatorias de axuda activadas pola Xunta.

Ademais, celebrouse unha mesa redonda de casos de éxito empresarial con pemes innovadoras da contorna procedentes de distintos sectores, que falaron da súa experiencia como beneficiarios de distintos instrumentos de apoio da Administración para que a empresa mellore a súa competitividade a todos os niveis. En Allariz, participaron nesta mesa redonda as empresas MRF Solutions, dedicada ao deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial, e Lincbiotech, dedicada á I+D e comercialización de produtos e servizos para o sector biomédico.

A seguinte parada -tamén na provincia de Ourense- é o luns 21 en Beade, a partir das 12 horas na Mancomunidade do Ribeiro. A iniciativa, organizada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, conta coa colaboración das consellerías do Medio Rural e do Mar, os grupos de desenvolvemento rural (GDR) e grupos de acción local pesqueira (GALP), así como as confederacións de empresarios de Lugo e Ourense.

Camiño de futuro dá continuidade á iniciativa Camiño da innovación, unha das primeiras actuacións do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes que ao longo dos meses de novembro e decembro pasados percorreu a través dun espazo itinerante un total de 18 localidades das catro provincias galegas, realizando máis de 240 asesoramentos a pemes galegas e asistindo máis de 550 persoas aos encontros.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas