Home Pontevedra Poio A Aula Cemit de Combarro pecha a tempada lectiva con máis de...

A Aula Cemit de Combarro pecha a tempada lectiva con máis de 50 horas de formación gratuíta no uso de diferentes aplicacións e dispositivos

- Anuncio -

• Os oito cursos do mes de xuño impartiranse ata o venres 16, en horario de tarde, na Escola do Campo

• A Aula Aberta estará operativa ata finais de mes e as instalacións

A Aula Cemit de Combarro, emprazada na antiga Escola do Campo, pon neste mes de xuño o punto e final á temporada lectiva cos últimos ciclos de formación gratuíta antes do cese de actividade por mor da chegada do verán. Lémbraseque as dependencias permanecerán pechadas nos meses de xullo e agosto, retomando a actividade en setembro.

En total, serán máis de 50 horas de formación, repartidas en oito cursos, as que haberá entre a vindeira semana e o venres 16. A Aula Aberta si estará operativa ata final de mes.

Durante a primeira quincena o seu horario será de 19.30 a 21.00 horas, mentres que a partires do luns 19 pasará a ser de 9.00 a 14.00 horas. As asociacións locais poderán facer uso das instalacións, previa solicitude. Con respecto á programación, o luns comeza un curso de follas de cálculo con LibreOffice (nivel medio), ata venres 2 de xuño. Tamén haberá un centrado en iniciación ao procesador de texto, desde o luns ata o xoves. Nesa semana engádese o venres 2 de xuño un ciclo específico sobre a realización de trámites de xeito telemático e ‘on line’.

Do luns 5 ao martes 13 de xuño terá lugar o curso máis longo de todos. Serán máis de 10 horas de formación para o uso do ‘Scribus’, unha das aplicacións gratuítas máis coñecidas para o deseño de carteis, folletos e outros formatos de impresión. Desde ese mesmo luns e ata o venres 9 tamén haberá sesións de uso do procesador de textos LibreOffice para persoas cun nivel medio, de dez horas de dunación. Entre o mércores 14 e o venres 16 reforzarase, asemade, o curso de follas de cálculo para nivel medio.

As clases de manexo de móbiles ‘smartphones’ e tabletas, do luns 12 ao xoves 15, e unha sesión o venres 16 sobre como levar a cabo compras seguras por Internet porán o punto e final á programación. As inscricións e solicitudes para anotarse nestes cursos poderán facerse enviando un correo electrónico a cemit.poio@xunta.gal ou na propia Aula de Combarro. Tamén é posible facer esta xestión chamando por teléfono ao 986770001 (extensión 1321), en horario de 16.00 a 21.00 horas. Durante o primeiro semestre de 2023 a Aula Cemit ofreceu preto de 300 horas de formación gratuítas á veciñanza

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas