Home Pontevedra O Salnés A Aula de estudo, unha realidade trasser demandada en varias ocasións...

A Aula de estudo, unha realidade trasser demandada en varias ocasións polo BNG

- Anuncio -

O voceiro nacionalista, Fran Leiro, valora positivamente que Sanxenxo  dispoña deste servizo, que foi solicitado pola veciñanza e polo grupo  municipal do BNG, a través de mocións que foron rexeitadas polo Goberno do PP 

Actualmente as persoas que opositan ou estudan carreiras universitarias  teñen que desprazarse a Pontevedra e Cambados, ou usar as Bibliotecas  Municipais, estando así condicionadas polos horarios e as actividades  que se realizan nestas dependencias destinadas ao fomento da lectura  nas crianzas 

O grupo municipal do Bloque Nacionalista  Galego (BNG) celebra que, despois de anos reclamándoa, a Aula de Estudo de  Sanxenxo sexa unha realidade. As instalacións habilitaranse no Edificio de  Usos Múltiples de Portonovo, no terceiro andar. O voceiro do grupo da  oposición, Fran Leiro, lembra que foi o seu grupo o que deu traslado, a través  de mocións plenarias, das “numerosas peticións” que realizaron os veciños e  veciñas do concello que precisan dunhas dependencias cun horario axeitado  para poder preparar oposicións ou exames. Ata o de hoxe, só podían usar a  Rede de Bibliotecas Municipais, que conta cun horario a todas luces  insuficiente, para dar resposta a esta demanda. 

Leiro valora positivamente a medida, aínda que chegue tarde, e celebra que o  Goberno de Telmo Martín vaia dando resposta ás demandas que o BNG  propón pensando no benestar da veciñanza, ”aínda que sexa a través de mocións que o Partido Popular se nega a aprobar nos plenos”. Isto foi,  precisamente, o que sucedeu hai uns meses, cando a finais de 2023 os  nacionalistas presentaron unha moción plenaria para debater esta eiva. O  mesmo sucede con outras actuacións, como o acondicionamento do pavillón  da Florida, que “o Goberno local anunciou xusto despois de que o BNG fixera pública a situación”. 

“Alegrámonos de que, aínda que sexa con anos de atraso, o señor Martín  reaccione. O ideal sería que este tipo de actuacións se realizasen con moita  máis axilidade, porque ao final demostrouse que a Aula de Estudo podía  habilitarse en instalacións municipais, tal e como indicamos desde o BNG”,  apunta Fran Leiro, quen, en todo caso, advirte de que o emprazamento elixido  polo Goberno municipal presenta algúns problemas, como a falta de ascensor,  o que limitará o acceso a persoas con mobilidade reducida, así como un  horario que non contempla apertura nas fins de semana, nin os luns pola  tarde. Ademais, tampouco é un espazo insonorizado. 

Precisamente, Fran Leiro, acompañado dos seus compañeiros e compañeiras  de partido, visitou esta semana as instalacións da Aula de Estudo de Moaña,  que son un referente da comarca do Morrazo. “Estas instalacións,  insonorizadas, climatizadas, con salas de traballo en grupo e cun horario  amplo que inclúe fins de semana e festivos, son un exemplo do ben que se  poden facer as cousas cando hai vontade, tendo a sensibilidade necesaria  para dar resposta completa ás demandas presentadas pola cidadanía”,  conclúe Leiro, quen non dubidou en transmitir os seus parabéns ao equipo de  Goberno moañés, liderado pola nacionalista Leticia Santos.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas