Home O Salnés Cambados A campaña "Gústanos Cambados Limpo" chega ao colexio de San Tomé

A campaña “Gústanos Cambados Limpo” chega ao colexio de San Tomé

- Anuncio -

O colexio San Tomé acolleu hoxe a segunda actividade escolar enmarcada na campaña de concienciación medioambiental “Gústanos Cambados Limpo” que o Concello de Cambados está a realizar a través da Mancomunidade do Salnés, en colaboración coa empresa Valoriza, adxudicataria do servizo de recollida de lixo.

O alcalde Samuel Lago, que estivo presente na iniciativa, comentou co alumnado a importancia da reciclaxe para evitar ao máximo as aportacións de resíduos a Sogama e conseguir que o aforro económico se poida invertir noutros recursos para a poboación de Cambados.

Ao igual que na primeira actividade celebrada no colexio de Vilariño hai unhas semanas, nesta ocasión os e as escolares compartiron unha charla teórica sobre a reciclaxe e posteriormente puxeron en práctica os seus coñecementos depositando os resíduos preparados polos organizadores nos contedores adecuados.

Como parte final, puideron comprobar in situ o funcionamento dun dos camións da recollida de lixo a través das explicacións do seu operario.

Neste sentido, a iniciativa pretende poñer en valor o traballo dos “imprescindibles”, é dicir, a importancia das tareas que realizan diariamente os operarios dos servizos de limpeza, tanto municipais como da concesionaria.

As actividades escolares da campaña “Gústanos Cambados Limpo” continuarán en próximos días nos colexios de Castrelo e Corvillón.

A maiores, o Concello realiza mañá unha nova acción enmarcada nesta iniciativa medioambiental, centrada desta volta na compostaxe comunitaria baixo a denominación de “Compostaxe en Plaza”.

O Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC) de San Roque -Os Olmos acollerá, ás 18 horas, unha charla veciñal na que o alcalde explicará á veciñanza os beneficios da compostaxe, aportando datos das toneladas de bioresíduos tratadas a través deste método no último ano.

Como parte da actividade, distribuirase un contedor marrón entre cada unha das persoas asistentes.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas