Home Vigo Nigrán A casa do concello de Nigrán e a Ponte da Ramallosa ilumínanse...

A casa do concello de Nigrán e a Ponte da Ramallosa ilumínanse de verde polo Día Mundial do Alzheimer

- Anuncio -

O Concello é desde 2015 ‘Localidade Solidaria co Alzhéimer’ e mantén un centro municipal en Panxón adicado ás persoas con enfermidades neurodexenerativas

O Concello de Nigrán e a ponte romana de A Ramallosa iluminaranse novamente esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde. O Concello quere expresar así o seu apoio a familares e doentes e, de feito, declarouse no 2015 “Localidade Solidaria co Alzhéimer” e conta dende 2016 cun centro municipal en Panxón xestionado por Afaga que desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para persoas con enfermidades neurodexenerativas tipo Alzheimer.

A pesar de que en Galiza existe unha prevalencia estimada de 104.000 casos e que co aumento da esperanza de vida a cifra se duplicará nos próximos vinte anos, na comunidade non existe unha estratexia integral de abordaxe das demencias como esta. Así, o custo que supón, de máis de 30.000 euros, recae principalmente nas familias pese a que os seus recursos socio-sanitarios sexan escasos. Por todo elo, o Concello de Nigrán considera que é un problema de primeira magnitude do que se debe concienciar, contribuindo a súa normalización e explicando a toda a poboación a súa realidade e alcance.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas