A Casa que de Navegación organiza unha conferencia que ten por título “Novas Miradas das vellas pedras de Monterreal” este xoves ás 19:00h

Redacción

A Casa da Navegación organiza unha conferencia que ten por título “Novas Miradas a vellas pedras de Monterreal”. O relator será Rafael María Rodríguez Martínez, arqueólogo.

A través desta charla farase unha aproximación ao resultado das sondaxes arqueolóxicas valorativas promovidas pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona e que foron levadas a cabo en decembro de 2025.

Nelas documentáronse unha serie de estruturas arqueolóxicas novas e de elementos gravados en varias rocas que amplían o coñecemento que se tiña dun dos elementos máis singulares do patrimonio histórico-cultural de Baiona, a península de Monterreal. Porque Monterreal non é só o Parador de Turismo, non é só unha fortaleza medieval e moderna, esconde algún elemento máis que agora #dar a coñecer.

A cita será este xoves 15 de outubro ás 19:00h no auditorio da Casa da Navegación e éntraa é gratuíta.

Comparte este artigo