A Comunidade de Montes de San Xulián quere poñer en valor o éxito do proxecto “Botánico do Lago”, desenvolvido pola Fundación Juan XXIII nas instalacións cedidas pola propia Comunidade no entorno do Lago de Castiñeiras, no Concello de Marín.
Desde a Comunidade de Montes quérese trasladar un especial agradecemento á Fundación Juan XXIII pola súa implicación, profesionalidade e sensibilidade social á hora de impulsar esta iniciativa, que está a converter un espazo degradado polo paso dos anos nun lugar vivo, dinámico e con impacto positivo para toda a veciñanza.
Recentemente celebrouse unha xornada de portas abertas dirixida aos comuneiros de San Xulián e ás súas familias, que foi recibida cunha excelente acollida. A cativada puido participar en talleres de artesanía da man de artesáns de Marín, mentres que os asistentes desfrutaron tamén dunha destacada exhibición de talla con motoserra.
Os comuneiros asistentes amosaron a súa satisfacción tanto polo resultado da recuperación do espazo como polo trato próximo e profesional recibido por parte da Fundación Juan XXIII, destacando o valor humano do proxecto.
A Comunidade de Montes de San Xulián subliña ademais que esta colaboración xa está a dar froitos reais, despois de dous anos de esforzó por part con varias persoas con discapacidade da parroquia de San Xulián e do Concello de Marín que foron contratadas ou que actualmente están a traballar no “Botánico do Lago”, contribuíndo activamente á posta en valor deste entorno natural.
Así mesmo, a Comunidade de Montes consolida a súa relación coa Fundación Juan XXIII, reafirmando a súa aposta por proxectos que combinan sustentabilidade, inclusión e desenvolvemento local.
Desde a Comunidade de Montes invítase a toda a cidadanía a visitar o “Botánico do Lago”, coñecer de primeira man este espazo e colaborar co proxecto a través da adquisición de plantas de interior e exterior, árbores froiteiras e accesorios de xardinería.
Visto que tuvo unha acollida fantástica nas redes sociais, con persoas preguntando polo horario facilitamos o mesmo para que a cidadania sepa o horario de atención ao publico.
Horario de apertura:
De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Domingos: de 10:00 a 14:00
A Comunidade de Montes de San Xulián anima a veciños e visitantes a achegarse e formar parte dun proxecto que representa un exemplo de recuperación do territorio con impacto social positivo.

