Home Pontevedra A Confraría de Arcade estrea varias reformas na súa sede

A Confraría de Arcade estrea varias reformas na súa sede

- Anuncio -
  • Os traballos contaron cun orzamento de 54.000€ que foron financiados a través da Consellería do Mar
  • A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou esta mañá a sede da Confraría de Arcade para comprobar o resultado dos traballos de reforma realizados a través das axudas autonómicas para a modernización de portos, lonxas e establecementos de primeira venda.

  • A mellora contou cun orzamento de 54.000€ e inclúe actuacións en case todas as áreas de actividade da confraría. Así, en primeiro lugar, realizáronse reparacións no tellado e na instalación eléctrica ademais de acometer diversas melloras nas paredes do recinto. Do mesmo xeito, acondicionáronse os chans e pavimentos de varias estancias e ampliouse o portalón principal.

  • Ademais, realizáronse diversas actuacións nas piscinas de establecemento, rehabilitáronse varios departamentos administrativos e melloráronse diferentes elementos de carpintería. Por último, mellorouse o equipamento da confraría coa adquisición dun novo carro remolque que permite sacar as embarcacións da auga para realizar o seu mantemento de forma máis rápida e segura, mellorando así as condicións das máis de 70 naves que operan na confraría.

  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o compromiso da Consellería do Mar coa confraría local, á que cualificou como “un de principais motores económicos do municipio. Máis de 200 familias viven directa e indirectamente da actividade pesqueira e marisqueira e merécense toda a axuda posible”, concluíu Reguera.

  • Pola súa banda, Quintana lembrou que a convocatoria deste ano para estas axudas segue aberta ata o 13 de febreiro e animou a todas as agrupacións a presentar os seus proxectos para os que a Xunta de Galicia destino durante o ano pasado máis de 4,3 millóns de euros. “E que este ano aumentará o seu importe ata os 4.6 millóns de euros e serán cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) “, concluíu a Conselleira.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas