Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co inicio dos...

A Deputación celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co inicio dos “Bosques Terapéuticos” en Meis

- Anuncio -

A Deputación celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co inicio dos “Bosques Terapéuticos” en Meis. “Cada pequena acción pode mitigar os efectos do cambio climático e restaurar na medida do posible os ecosistemas que habitamos. Tomemos conciencia da importancia do día do medio ambiente e reivindiquemos medidas urxentes para o seu coidado e protección. Cada pequeno acto conta e o tempo apremia”. Con estas palabras concluíu o manifesto “Unha soa terra” de Miriam Campos, ao que esta docente e activista deu lectura este sábado no arranque do programa “Bosques Terapéuticos”, co que a Deputación celebra o Mundial do Medio Ambiente. Miriam Campos é presidenta da asociación Teachers for Future Spain e hai poucos días recolleu o premio “El Escarabajo Verde” de TVE á mellor iniciativa social medioambiental.

A deputada provincial Iria Lamas, xunto á alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, estiveron nesta primeira ruta dos baños de bosque deste 2022, que discorreu pola Ruta da Pedra e da Auga en Meis e na que participaron 30 persoas, guiadas nesta experiencia por Sergio Portela. É o primeiro do total de 38 percorridos previstos ata o 25 de setembro, cun total de 1.1.40 prazas, e que percorrerán sete espazos naturais da provincia. Amais desta Ruta da Pedra e da Auga, os baños de bosque chegarán este ano ás illas de Tambo e Arousa, os Salóns do Lérez (Pontevedra); o Río Eifonso no espazo de Bembrive (Vigo); a Ponte Colgante do Lérez (Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro) e a Senda do Almofrei (Cerdedo-Cotobade).

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas