Home Pontevedra A Paradanta A Deputación destina novos recursos do Plan Concellos por 1,2 millóns a...

A Deputación destina novos recursos do Plan Concellos por 1,2 millóns a Ponteareas, Arbo, Moaña, Marín e Catoira

- Anuncio -

As achegas irán destinadas para actuacións nos equipamentos e servizos municipais, así como a melloras nos viarios destes concellos

A Deputación de Pontevedra destina novos recursos do Plan Concellos 2022-2023 por un total de 1,2 millóns de euros para os concellos de Catoira, Arbo, Marín Moaña e Ponteareas, destinadas a actuacións nos equipamentos e servizos municipais, así como a melloras nos viarios destes concellos.

Neste senso, a presidenta Carmela Silva destacou que estes recursos están a permitir realizar actuacións “tan importantes” para os municipios como son as referentes á recuperación do espazo público, “e estamos a ver que desde que a Deputación puxo en marcha o seu modelo de mobilidade sostible no que as persoas sexan o centro, moitos municipios están a usar as achegas do Plan Concellos para actuar no seu viario municipal igual que nós actuamos nas nosas infraestruturas públicas”. Tamén destacou a aposta municipal polas melloras nos servizos de abastecemento e saneamento, especialmente despois de que en meses recentes “houbese que tomar medidas fronte á seca”.

Arbo, contará cunha achega de 199.466 €, destinada á urbanización do Camiño da Bouza, no núcleo urbano. Habilitarase unha plataforma única, renovaranse as redes de servizos de abastecemento e saneamento, así como o alumeado e canalizaranse as liñas eléctricas e de telecomunicacións. Ponteareas recibirá 243.530€ para rehabilitar un edificio da praza Maior como novo Centro Cívico. Os traballos consistirán na reforma integral deste inmoble, que se converterá nun novo punto de encontro da veciñanza.

Por outra banda, para Catoira apróbase unha achega de 130.901€ que irá destinada á pavimentación dunha vintena de camiños municipais, que suman unha lonxitude de 1,4 quilómetros. As obras comprenden a mellora da plataforma de rodadura dos camiños e a instalación de redutores de velocidade.

Para Moaña apróbanse 72.360€ para diversas actuacións na Travesía do Xaldeiro, que inclúen a instalación da nova rede de pluviais, a renovación de abastecemento existente e a instalación dun novo pavimento en base a soleira de formigón. En finalmente, o Concello de Marín recibirá unha importante achega de 604.371€, destinada ao mantemento e conservación da piscina municipal, un “potente proxecto”, como destacou a presidenta provincial, que contempla actuacións sobre as fachadas, cubertas, estruturas metálicas, o interior de vestiarios e ximnasio, de cara a mellorar e preservar este equipamento.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas