A academia que xestiona Teatro do Ar tivo este ano case 80 alumnos, o dobre que no 2021, cando naceu o proxecto
O fin de curso da escola vaise facer en catro actos, dúas obras de teatro este domingo 09 de agosto, unha gran gala o sábado 15 ás 19.00 horas, e outra representación o domingo 14 á mesma hora no Auditorio do Concello
A escola de teatro municipal do Concello de Nigrán pechará un curso de récord, este ano tivo case 80 alumnos, o dobre que no 2021, cando naceu o proxecto, cunha festa en catro actos. Teatro do Ar, que xestiona a escola, invita a veciñanza a asistir as representacións que comezan este domingo ás 17.00 horas coa obra “Teatro cómico” do grupo Dáme Pecera, nenas e nenos de 9 a 12 anos, e ás 19.00 horas será a quenda do primeiro grupo de adultos coa representación “Non se suspende a función”, ambas no auditorio do Concello.
A gran gala de fin de curso da escola será o sábado 15 de xuño. Pola mañá, ás 12.00 horas, os máis pequenos, o grupo de 3 a 5 anos e o de 6 a 9 anos, representarán varias pezas de microteatro no auditorio e pola tarde, ás 19.00 horas, iniciará a gran gala de fin de curso no que o grupo de persoas maiores da escola, máis de 65 anos, representará a súa obra “Anarquía na residencia”, do director de Teatro do Ar, Pedro Rodríguez Villar, tamén se representarán 6 pezas de microteatro creadas polo grupo de mozos e o de adultos 1. Ademais, os alumnos da quenda dos venres tamén ofrecerán un espectáculo de improvisación en directo.
A escola teatral do Concello de Nigrán naceu no 2021 da man de Teatro do Ar e o Goberno Municipal e nos tres anos que ten de existencia case 200 persoas puideron iniciarse no teatro. O alcalde de Nigrán, Juan González, tamén aproveita para dar os seus parabéns ao alumnado polo seu gran traballo e indica “que agora pechamos o pano para unhas merecidas vacacións, pero que a escola volverá con máis forza no vindeiro outono”.
Dende Teatro do Ar destacan que o crecemento da escola vai da man “da rico mundo teatral que estamos a construír entre todos en Nigrán” e lembran que programan xunto ao Concello e a Fegatea máis de 12 representación de grupos de toda Galicia ao ano durante a primavera e o outono.



