Home Vigo Baiona A escritora Elena Gallego volve capitanear unha aula de creación literaria na...

A escritora Elena Gallego volve capitanear unha aula de creación literaria na Biblioteca

- Anuncio -

Esta actividade, enmarcada na programación do Día das Letras Galegas, permitirá ás persoas participantes coñecer da man da autora as técnicas narrativas actuais e desenvolver un proxecto literario propio. Será os días 7, 9 e 11 de maio. 

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, e a directora da Biblioteca Municipal, presentaron xunto á escritora e xornalista Elena Gallego unha das actividades que se enmarcarán no mes das letras, marcado pola celebración do Día das Letras Galegas. 

Trátase dunha nova edición da Aula de Creación Literaria do Proxecto Legado, que se impartirá nesta infraestrutura cultural cun formato intensivo, con obradoiros dunha hora e media repartidos en tres días: o 7 e o 9 de maio, ás 19.00 horas, e o 11 de maio ás 10.00 horas. 

A actividade, tal e como explicou a autora, está dirixida “a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas pola escritura de narrativa (ficción/autoficción). Ao longo destas tres sesións, de carácter práctico e ameno, explicarei algúns dos segredos das técnicas de narrativa actuais, falando, entreo outros elementos clave da narración, do enfoque do relato, da creación de tramas e argumentos, da caracterización dos personaxes ou dos diálogos”. 

O público, polo tanto, pode ser tanto mozo como adulto e todo xirará en torno a unha idea: a de ter as ferramentas precisas para descubrir, preservar e divulgar a historia persoal ou familiar. Unha temática que é abordada por Gallego no seu libro “O legado da nena do sal” (La Esfera de los libros 2023 – Edicións Xerais 2024), baseada na biografía dunha persoa real.

Haberá 15 prazas dispoñibles para participar na aula, para o que será preciso inscribirse previamente na Biblioteca, ben de xeito presencial como chamando ao teléfono 986890197 como no correo electrónico bibliotecamarin@telefonica.net. 

Esta iniciativa municipal está incluída no catálogo de actividades “Ler Conta Moito”, que promove a Xunta de Galicia para dinamizar a Rede de Bibliotecas de Galicia, da que forma parte a nosa biblioteca municipal. 

Datos sobre a autora 

Elena Gallego Abad é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais. 

Deuse a coñecer como narradora coa pentaloxía fantástica “Dragal”, publicada por Xerais: “Dragal I. A herdanza do dragón” (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); “Dragal II. A metamorfose do dragón” (2011); “Dragal III. A fraternidade do dragón” (2012); “Dragal IV. A estirpe do dragón” (2015) e “Dragal V. O segredo do dragón” (2019). 

Autora da novela policial “Sete Caveiras” (Xerais, 2014), da romántica “O Xogo de Babel” (Xerais, 2017), e da histórica “O legado da nena do sal” (Xerais, 2024), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra “A promesa” (2017).

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas