Home O Salnés Meis A executiva local do PP de Meis propón por unanimidade que Marta...

A executiva local do PP de Meis propón por unanimidade que Marta Lucio sexa a candidata ás eleccións municipais

- Anuncio -

A executiva local do Partido Popular decidiu por unanimidade que Marta Lucio sexa a candidata á alcaldía de Meis en maio do ano próximo. Así o decidiron na reunión que mantiveron esta semana, na que os populares coincidían en que é a persoa “idónea” para encabezar a candidatura, “e por iso ten o respaldo absoluto do PP local”.

Deste xeito, a concelleira e voceira do grupo municipal, dá un paso adiante tras a renuncia de José Luis Pérez. Di que o fai coa ilusión de crear “un equipo forte, comprometido e unido co que recuperar a confianza dos veciños e devolver a Meis un goberno que ofreza estabilidade e crecemento”. Para conseguilo, entende que “é fundamental seguir traballando unidos e cun proxecto sólido”, e por iso Lucio amosa o seu agradecemento “polo apoio e a confianza”, e comprométese e a seguir traballando “parroquia por parroquia, escoitando e atendendo as necesidades dos veciños”. Nesta liña, indica que “é necesario que intensifiquemos o noso traballo. Somos a opción segura, a experiencia conta e no Partido Popular de Meis temos moitos anos de experiencia en gobernar, que non é o mesmo que ocupar os gobernos sen facer nada”.

Ademais, a popular xa anunciou ante o comité executivo que como número dous da súa candidatura contará con Joaquín Martínez, compañeiro de Marta Lucio no grupo municipal.

Marta Lucio é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois de unha década como responsable da Área de Xestión Cultural da Deputación de Pontevedra, desde 2011 é directora do Museo do Mar de Galicia. Tras encabezar a lista do PP de Pontevedra, entre 2015 e 2019 foi Senadora, e desde xuño dese mesmo ano, é concelleira do Partido Popular en Meis.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas