Home Pontevedra Deza A Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces será...

A Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces será o 29 de maio do 2022

- Anuncio -

• Julio López confirma que esta Festa de Interese Turístico de Galicia volvera a os seus orixines e celebrarase o vindeiro 29 de maio

Desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces, desta festa que enxalza este produto, co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moito dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores, unha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que logra multiplicar por 3 os seus habitantes. O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría unicamente con cereais, como millo, trigo e cebada, sen aplicar á súa alimentación ningún tipo de aditivos.

Está festa tivo que ser cancelada e cambiada de data debido ao Covid-19 rompendo unha tradición anual de celebrala no mes de maio. Pois o tenente de alcalde Julio López acaba de confirmar que tras reunirse cos seus compañeiros de goberno e decidiron celebrar a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral o vindeiro 29 de maio como era de costume.

Con este motivo o responsable de Cultura e tenente de alcalde Julio López ten previsto manter sendas reunións cos criadores de Galo de Curral, cos hostaleiros da zona e cos
colaboradores da que vai a ser a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral en Vila
de Cruces, o último domingo de maio que este ano cadra en día 29 para poder promover
estes produtos á máxima afluencia de visitantes e así volver a darlle o prestixio que se
merece esta festa gastronómica e reactivar a economía local.

Julio López avanzou que haberá grandes sorpresas, con actuacións con artistas de renome e para todos os públicos, nas que xa leva traballando varios meses na elaboración e continua cerrando a programación e confía que a mediados de este mesmo mes xa se poida elaborar o cartel para a súa presentación

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas