- A proba percorrerá os montes Torroso e Santa Trega cun trazado de 25 quilómetros, 1.030 metros de desnivel acumulado e cinco tramos de enduro
A IV Marcha BTT Baixo Miño Enduro Experience celebrarase o vindeiro 20 de setembro en A Guarda, cun percorrido polos montes de Torroso e Santa Trega que combinará deporte, natureza e enduro nunha das contornas máis espectaculares do Baixo Miño.
A proba terá a súa saída e chegada no Auditorio de San Benito, a partir das 9:00 horas, e contará cun trazado aproximado de 25 quilómetros e 1.030 metros de desnivel acumulado, con cinco tramos de enduro fluídos, zonas técnicas e espectaculares vistas da A Guarda.
A organización deseñou a marcha buscando que os ciclistas poidan desfrutar dos tramos e compartir a experiencia cos seus compañeiros. As saídas realizaranse en grupos para evitar acumulacións nas baixadas, sen que sexa necesario respectar unha orde estrita de dorsal. O único tramo con saída controlada será o cronometrado, no que se utilizará un sistema de chip e bandas no chan a cargo de Magma Sports, con saídas cada 20 segundos e clasificación en directo.
O percorrido presenta unha dificultade media e contará con catro puntos de avituallamento ao longo da ruta. O casco será obrigatorio durante toda a marcha e a organización recomenda tamén o uso de casco integral, rodilleiras, luvas e protección dorsal.
A recollida de dorsais terá lugar o propio día do evento, de 8:00 a 9:00 horas, no Auditorio de San Benito. Así mesmo, ao rematar, os participantes disporán de bebidas na meta e puntos de limpeza para as bicicletas, e celebrarase a entrega do premio ao mellor tempo do tramo cronometrado.

