Home Pontevedra Poio A Oficina de Orientación Laboral prestou asesoramento a máis de 1.300 persoas...

A Oficina de Orientación Laboral prestou asesoramento a máis de 1.300 persoas durante o ano 2022

- Anuncio -

• O servizo dependente da área de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís, experimentou un notable crecemento en número de usuario e usuarias con respecto a 2021

• Agís tamén salienta que Poio rematou o ano cun 11,5% de taxa de desemprego, a máis baixa en 16 anos

Un dos departamentos que desenvolve un traballo moi importante no Concello, dentro da área de Promoción Económica e Urbanismo, é a Oficina de Orientación Laboral, que no ano 2022 viu incrementada a súa actividade de maneira notable. Máis de 1.300 persoas foron asesoradas a través desta oficina, tal e como sinala o concelleiro responsable da área, o socialista Gregorio Agís. Esta cantidade supón un importante aumento con respecto aos datos correspondentes ao exercicio anterior, cando se prestou servizo a aproximadamente 700 cidadáns. “Consolídase a tendencia á alza dos últimos anos, que xa viñamos detectando mesmo desde antes da pandemia”, apunta o edil do Goberno municipal, que incide en que, se ben a meirande parte das persoas que acoden ás instalacións, situadas no Centro de Formación da Reiboa (A Seca), “tamén existe unha importante demanda por parte de veciños e veciñas doutros concellos da bisbarra e da contorna”.

A busca activa de emprego é unha das cuestións protagonistas no asesoramento que se realiza a través da Oficina de Orientación Laboral, se ben desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo tamén se salienta o feito de que cada vez son máis as persoas interesadas en mellorar ou potenciar habilidades e recursos de cara ao emprendemento. O horario de atención é de 9.00 a 13.30 horas. Tamén é posible contactar a través do 986770001 (extensión 1502) ou no mail orientacionlaboral@concellopoio.gal.

A menor porcentaxe de paro en 16 anos

Por outra banda, o titular de Promoción Económica e Urbanismo salienta que Poio pecho o ano 2022 co menor índice de desemprego acadado desde o ano 2007. Por primeira vez en 16 anos, o número de persoas sen traballo ficou por debaixo do milleiro. En concreto, foron 898, o que se traduce nunha porcentaxe do 11,5%. Para atopar un dato similar é preciso remontarse ao ano 2007, con 746.

Gregorio Agís destaca que na última década a redución do desemprego en Poio reduciuse en practicamente o 50%. “O ano 2012 rematámolo con 1.791 persoas sen emprego, sendo este o tope máximo acadado no que vai de século, nun contexto que daquela estaba moi condicionado pola crise económica iniciada en 2008.

Afortunadamente, a través das nosas competencias e impulsando diferentes iniciativas fomos quen de axudar a que esa cifra fose descendendo de xeito paulatino ata os 898 actuais”, explica o concelleiro do PSdeG-PSOE, que reafirma o compromiso do Concello á hora de seguir organizando e dando vida a diferentes actividades, cursos e accións encamiñadas a fomentar o emprendemento, a formación e a dotación de ferramentas prácticas para a busca activa de emprego. “Comezamos o ano 2022 con 1.000 desempregados e desempregadas e esta cifra reduciuse en máis dun 10%, temos que seguir traballando nesta liña para que eses datos continúen á baixa”, conclúe Gregorio Agís.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas