Home Pontevedra O Salnés A política de cemento de Telmo Martín condenou ao concello a pagar...

A política de cemento de Telmo Martín condenou ao concello a pagar máis de 20 millóns de euros por sentenzas urbanísticas en menos de 15 anos

- Anuncio -

O voceiro do BNG, Fran Leiro, lembrou este dato no debate plenario deste luns, no que os nacionalistas votaron en contra dun Orzamento 2024 que “segue sen dar resposta a débedas históricas da cidadanía”

Os nacionalistas advirten de que “non ha cartos” para pagar a “enésima chapuza do señor Martín” e que haberá que facer fronte a custos que poden aumentar ata os 12 millóns de euros a base de “baleirar os petos dos veciños”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) votou en contra no Pleno deste luns da aprobación dun Orzamento municipal elaborado polo Partido Popular que é fiel reflexo das “nefastas consecuencias da política de cemento e ladrillo de Telmo Martín”. E é que, tal e como lembrou na súa exposición o voceiro nacionalista, Fran Leiro, esta partida, que segue sen dar resposta a débedas e demandas históricas da veciñanza, está totalmente concidionada polos pagos millonarios aos que haberá que facer fronte para cumprir coa sentenza xudicial que obriga ao Concello a pagar varios millóns de euros á familia Rocafort, pola expropiación dos terreos das Cunchas. En concreto, no Orzamento figura un apartado específico de 7 millóns de euros, aos que hai que engadir os 3 xa pagados entre 2020 e 2024, e que podería ascender a un total de 12, tendo en conta os xuros ou os intereses, no caso de que o pagamento se fraccione ou se solicite un préstamo bancario.

Estes feitos son especialmente graves se se ten en conta que, tal e como denunciou, Fran Leiro, nos últimos 15 anos Sanxenxo xa tivo que facer fronte a máis de 20 millóns de euros por sentenzas xudiciais urbanísticas. Ademais da de Rocafort, a Administración local pagou durante anos outras resolucións como as de Monte Faro ou os chalés de Dorrón, entre outras. Leiro preguntou ao alcalde “cantas obras e servizos se poderían ter dado á veciñanza con eses cartos”. No caso de Rocafort, “estes sete millóns a maiores son consecuencia da teima e da prepotencia do señor Martín, incapaz de chegar a un acordo cos
propietarios”. O panorama económico do Concello, avisa Leiro, “é moi preocupante”, toda vez “o Concello non dispón de sete millóns de euros para pagar esa sentenza”. As opcións que quedan son solicitar o pago fraccionado a 8 anos ao tribunal, solicitar un préstamo ou vender patrimonio. “O señor Martín aboca ao Concello a endebedarse e aos veciños a pagar as súas chapuzas no tribunal, algo que tamén condicionará ás futuras corporacións”, critica o BNG.

O afán recadatorio de Telmo Martín

Outro feito que quedou patente durante o Pleno e coa aprobación deste Orzamento é o afán recadatorio de Telmo Martín. Neste sentido, Fran Leiro afeou ao Goberno local que presuman de aprobar un Orzamento elevado, xa que “quen o paga son os veciños e veciñas, máxime cando se presume despois de subir impostos e de mellorar os seus soldos”.

Esta ansia por recadar máis para pagar a súa política de cemento queda patente na suba de impostos aprobada antes de rematar 2023, que afectan ao IBI e ao imposto de vehículos, e á que hai que sumar o ‘decretazo’ dos vados. Neste punto, Leiro recordou que o obxectivo do PP é cobrar unha taxa “a calquera vivenda con entrada e saída de vehículos, sexa solicitado ou non”. Todos estes feitos afectan ao peto da cidadanía. “A partir de agora un habitante de Sanxenxo paga unha media de máis de 500 euros en impostos municipais”, concluíu.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas