Home Pontevedra A Lama A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come Local” da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

- Anuncio -

Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con trazabilidade

O alcalde da Lama, David Carrera, valora moi positivamente o desenrolo do programa “Come Local” que permitiu incluir ao Colexio da Lama nesta iniciativa para que comedores escolares poidan dispoñer de varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) e cunha trazabilidade garantida.

Así ao CEIP da Lama chegaron as Fabas de Lourenzá da IXP, un alimento saudable e de calidade que fixo as delicias dos seus comensais. Outra das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.

O alcalde David Carrera xestionou ante a Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia a inclusión do centro educativo na campaña “Come Local” que permitirá achegar unha dieta san a base de produtos galegos con certificado de calidade e de proximidade ao alumnado que usa as instalacións do comedor escolar.

“Come Local” permite achegar ao comedor escolar da Lama accións formativas in situ sobre educación alimentaria para o alumado do centro educativo nas cales lles proporcionan material sobre educación alimentaria, e máis concretamente, sobre as froitas e verduras de cada tempada en Galicia. O papel da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local.

FORMACIÓN EN DIETAS SANS E EQUILIBRADAS

Este programa facilita tamén a formación por zoom ao persoal do comedor sobre etiquetado alimentario para que aprendan a diferenciar as certificacións e saiban tamén o que implica cada unha. Asesorarase ao persoal de cociña e de comedor sobre aprovisionamento así como tamén nas dúbidas que poidan ter á hora de xestionar os residuos do centro.

Outras accións formativas que se levarán a cabo irán orientadas cara á seguridade alimentaria para os centros e produtores participantes sobre como xestionar un APPCC correctamente e tamén contarán cunha experta en nutrición para axudar a introducir os produtos con certificado de calidade.

Esta campaña será difundida a través das redes de Agacal (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) e tamén esta recollida nun “Mapa Interactivo” que se poderá consultar en todo momento. Toda esta campaña irá aliñada cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da ONU.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas