Home Vigo O Porriño A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en...

A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en Budiño

- Anuncio -

• A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a actuación que supón un investimento de máis de 250.000 euros

• Prevese que as obras comecen en agosto e que poida estar a disposición dos veciños na primavera de 2025

• A senda, cunha lonxitude de 640 m, desenvolverase pola banda esquerda da estrada, acondicionarase a parada de autobuses e substituirase a marquesiña

• Avanzouse outra senda de case 1 km pola marxe dereita da PO-407 na zona do colexio de Budiño, cuxo proxecto se atopa en proceso de información pública

A Xunta licitou hoxe as obras dunha nova senda peonil en Budiño, na Vaquería, que comezará a construírse no verán cun investimento de máis de 250.000 euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe no Concello esta actuación, que mellorará a seguridade viaria e a mobilidade na estrada PO-510 na Vaquería.

A Plataforma de Contratos da Xunta recolle esta contratación e fixa de prazo ata o 21 de maio para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

Martínez Allegue concretou que se prevé que comecen as obras da senda en agosto para que poida estar a disposición da veciñanza de Budiño na primavera de 2025.

O obxectivo deste itinerario é permitir desprazamentos a pé en condicións de seguridade na parroquia de Budiño, en concreto neste tramo da PO-510.

Trátase de reforzar a seguridade e a mobilidade dos peóns nun treito de estrada que ten unha densidade de tráfico moi elevada, alcanzando máis de 20.000 vehículos diarios.

A senda, que terá unha lonxitude de 640 metros pola banda esquerda da estrada, será de formigón e terá 1,80 metros de ancho con bordo e unha elevación con respecto á rasante da calzada de 10 cm, agás nos accesos ás vivendas ou fincas.

Nas beirarrúas, e onde así o indique a normativa de accesibilidade, colocarase pavimento táctil nos vaos peonís, para aumentar a seguridade con sinais que fomentan a inclusión.

O proxecto tamén inclúe o acondicionamento da parada de autobuses e a substitución da marquesiña existente, para acadar maior comodidade dos usuarios do transporte público.

Estas intervencións enmárcanse no Plan de sendas de Galicia, a través do que a Xunta xa executou máis de 300 km de itinerarios peonís e ciclistas e prevé acometer nesta lexislatura outros 150 km máis.

Na súa intervención, a conselleira lembrou ademais que o departamento que dirixe ten planificada outra senda para esta zona de Budiño, un itinerario de preto de 1 km pola marxe dereita da estrada PO-407. Destacou que será un novo espazo seguro para tránsito peonil nunha zona con vivendas e de acceso ao colexio público Cruz de Budiño.

Detallou que o pasado venres comezou o proceso de información pública desta actuación co obxectivo de aprobar definitivamente o proxecto no outono para licitar as obras no primeiro trimestre de 2025, cun investimento de máis de 400.000 €.

Tamén subliñou que nos vindeiros días quedarán rematadas as obras de humanización das rúas Progreso e Buenos Aires, tras a mobilización dun orzamento de 1 M€ por parte do Goberno galego.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, incidiu na importancia desta obra, moi importante e demandada pola veciñanza de Budiño, que xunto coa nova senda peonil que continuará ata o colexio do Budiño, garantirá a seguridade de peóns e vehículos na zona. “Seguimos dando pasos para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria no Porriño, e este é un gran paso xa que se trata dun treito especialmente inseguro para os peóns”, concluíu.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas