Home Pontevedra A Xunta ordena a demolición da Presa do Inferno e a recuperación...

A Xunta ordena a demolición da Presa do Inferno e a recuperación do leito natural do río

- Anuncio -
  • A empresa concesionaria deberá eliminar a derivación da auga e paralizar a actividade da estación hidroeléctrica antes dun mes
  • Soutomaior viviu esta mañá unha xornada de celebración tras recibir a notificación da Xunta de Galicia comunicando a decisión de poñer fin á concesión do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo. Unha resolución que ademais estipula a obrigación de demoler todos os elementos construídos na presa de inferno e restaurar o leito orixinal do río.
  • Así, segundo indica a resolución, a empresa titular da concesión será a encargada de acometer todos os traballos de demolición e recuperación da contorna. Para iso, antes dun mes a empresa deberá eliminar a canalización de auga cara á estación hidroeléctrica e deter de forma definitiva a súa actividade. O resto de traballos de demolición, para os que se deberá presentar un proxecto técnico, deberán estar finalizados antes de 18 meses unha vez obtidos os permisos necesarios.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, celebrou a resolución adoptada pola Xunta de Galicia e destacou a súa importancia para o sector marisqueiro local. “Este anuncio pon fin a varios anos demandando o peche desta presa. É unha gran noticia para as decenas de familias que viven do marisqueo e para todos os veciños de Soutomaior”.
  • Do mesmo xeito, o rexedor lembrou que “a defensa da biodiversidade do río e o seu leito é a defensa polos recursos propios dos nosos veciños e da nosa economía. O noso deber é protexela de máis danos, sexa en forma de centrais hidroeléctricas ou de transvasamentos inútiles”.
    Por último, o edil indicou que a eliminación da presa e a posterior restauración do leito orixinal do rio implicará a recuperación dun tramo de 2km do rio Verdugo e 5km do rio San Vicente, “en pouco tempo veremos como se recupera a biodiversidade do río e mellora a súa produtividade natural. A mellor noticia posible para dúas dos nosos maiores sectores produtivos, o marisqueo e a hostalería”, finalizou Reguera.
  • Segundo o Plan Hidrolóxico de Galicia, o prazo de concesión para a central hidroeléctrica finalizou en marzo de 2017, despois de 131 anos de explotación. Durante este tempo, a presa impedía o tránsito de especies migratorias como a anguía, o salmón e a lamprea.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas