A XV Interrunning agarda chegar nesta edición aos 2000 participantes

Redacción
  • Durante a presentación fíxose entrega dos 18.000 euros recaudados na pasada edición a Afaga, ACEESCA e a AECC
  • As inscricións permanecen abertas ata o 16 de setembro a través da plataforma Emesports

A praza do Concello do Porriño acolleu a presentación oficial da XV INTERRUNNING e IV Carreira de Empresas de Galicia (CAE 2026), evento que se celebrará o próximo 20 de setembro no marco das Festas do Cristo do Porriño. Unha cita que sigue crecendo e que agarda reunir a 2.000 participantes este ano. Foron 1.900 na última edición. 

 Durante o acto de presentación, fíxose entrega dos 18.000 euros recadados na edición anterior ás tres asociacións beneficiarias do seu fondo solidario: ACEESCA, AFAGA Alzhéimer e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo,  e a organización do Clube Interrunning, Fredy Velasco, destacaron o valor desta cita, que combina o deporte popular, o ámbito corporativo e un fondo compromiso social. As inscricións seguen abertas a través da plataforma Emesports.

“Hai cousas nas que non necesitas correr para saber que van chegar moi lonxe, e a Interrunning é unha delas. Esta proba transmite ilusión, ganas e un efecto solidario enorme grazas ao traballo incrible da organización, dos voluntarios e das entidades sociais que fan un labor incalculable durante todo o ano no Porriño”, dixo Alejandro Lorenzo durante a entrega deste cheque, apuntando que “a Interrunning é moito máis ca unha carreira: é un exemplo de compromiso, deporte e solidariedade”

Unha cita histórica con modalidades para todos os públicos

A edición de 2026 celebra dous fitos clave: os 15 anos da Interrunning e a consolidación da Carreira de Empresas. O programa inclúe opcións adaptadas a tódalas idades e niveis:

  • Andaina Popular (8K): 09:30 h
  • Interrunning (5K e 10K): 11:30 h
  • Carreira Pitufos: 12:45 h
  • Carreira Chupetes: 12:50 h
  • Entrega de premios: 13:00 h

 A organización (Clube Interrunning e Concello do Porriño) anima a corredores, caminantes, familias e empresas a reservar canto antes a súa praza para formar parte dunha edición histórica que celebrará os 15 anos da Interrunning e o crecemento constante da Carreira de Empresas de Galicia. 

Máis información e inscricións: Ligazón de inscrición de Emesports

Comparte este artigo