Aberta a convocatoria do VI Premio ‘SESÉ MATEO’ de XORNALISMO ÉTICO

Redacción

Está aberto o prazo para a presentación de traballos para o  VI Premio ‘SESÉ MATEO’ de XORNALISMO ÉTICO no tratamento da Violencia Machista.

Toda a información e bases completas na web do Concello de Redondela. Agradécese difusión.

🎙️ VI Premio ‘SESÉ MATEO’ de XORNALISMO ÉTICO

📢 PRAZO DE PRESENTACIÓN ABERTO‼️ Ata o 30 de SETEMBRO 🗓️

O Concello de Redondela, a través do Servizo de Igualdade, convoca unha nova edición deste galardón xa consolidado a nivel autonómico e estatal. O obxectivo? Premiar o xornalismo RESPONSABLE e con COMPROMISO SOCIAL que fuxe do morbo e protexe a intimidade das vítimas da violencia machista e vicaria.”Non se trata só de informar, senón de facelo con responsabilidade para axudar a combater a violencia”.Información clave para participar:
• 💰 Premio: Categoría única dotada con 1.500 euros en metálico.
• 📰 Traballos: Pezas publicadas ou emitidas en calquera formato (prensa, radio, TV ou dixital) entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026.
• 🗣️ Idioma: Admítense traballos tanto en galego como en castelán.
• 🗓️ 
Prazo: Aberto ata o vindeiro 30 de setembro de 2026.

Como presentarse?
Podes facelo de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello ou de forma telemática a través da nosa sede electrónica.

Comparte este artigo