Home Vigo O Porriño Aberto o prazo de solicitude das axudas para a rehabilitación de vivendas...

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a rehabilitación de vivendas en Torneiros

- Anuncio -

• Ata o 31 de xaneiro de 2026 podense solicitar estas axudas que beneficiarán a un número estimado de 105 vivendas

• Concello do Porriño recibiu un millón de euros, no marco do Programa de axudas para a rehabilitación de entornos residenciais a nivel barrio, que se distribuirán en axudas para impulsar medidas de eficiencia enerxética

• 130.000 destinaranse á urbanización e mellora da contorna, que se complementa con outras actuacións que o Concello está a levar a cabo para humanizar a zona, como o acondicionamento de beirarrúas ou a renovación do alumeado público

O BOP publicou o pasado venres, 19 de abril, o extracto da resolución da alcaldía pola que se aproban as Bases e convocatoria para a concesión de axudas en materia de rehabilitación residencial e vivenda social no entorno residencial de rehabilitación programado de Torneiros, abrindose así o prazo para solicitalas. O prazo para requerilas finalizará o 31 de xaneiro de 2026.

Para este proxecto o Concello do Porriño recibiu un millón de euros, no marco do Programa de axudas para a rehabilitación de entornos residenciais a nivel barrio, que se distribuirán en axudas para impulsar medidas de eficiencia enerxética.

Dentro do ámbito delimitado do proxecto, que comprende 945 vivendas en 81 edificios, programouse inicialmente a rehabilitación dun número estimado de 105 vivendas que ocupan 1,38 hectáreas, repartidas en diferentes bloques. Deste millón de euros, preto de 130.000 destinaranse á urbanización e mellora da contorna, que se complementa con outras actuacións que o Concello está a levar a cabo para humanizar a zona, como o acondicionamento de beirarrúas ou a renovación do alumeado público. No marco desta actuación instalaranse 156 lámpadas leds, cunha inversión total de preto de 75.000 euros.

A parte restante será para axudas a particulares e/ou comunidades de propietarios destinadas á mellora de fachadas, mellora de cubertas, incluíndo aquí a eliminación de amianto, e o relevo de xanelas e vidros exteriores, empregando carpintería de pvc e vidro eficiente térmicamente, todo isto co obxectivo de conseguir un aforro enerxético mínimo do 30%.

O importe das subvencións a particulares dependerá do grao de eficiencia enerxética que se alcance coas obras executadas, que pode ser do 40%, do 65% ou do 80% do orzamento, incluso do 100% cando se identifique un caso de vulnerabilidade económica.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que “é unha boa oportunidade para executar melloras nos edificios e vivendas dos polígonos residenciais” incidindo en que “se trata dun primeiro paso dunha intervención global de acondicionamento e mellora dos bloques de vivendas de Torneiros, elaboramos un proxecto que inclúe todas as fases e contorna e, con fondos propios e outras axudas de admnistracións supramuniciais, avanzaremos nesta mellora”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas