O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso para diseñar o cartel anunciador da XXIX Festa da Lamprea Seca, que terá lugar os días o 9,10 e 11 de agosto. .
Este exitoso concurso denominado “Brais Alonso” ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica da Lamprea Seca que se celebra o Segundo domingo de Agosto na Carballeira de Turbela.
As propostas serán entregadas no soporte orixinal e electrónico á máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante. Ademais presenta interesantes premios para os deseños máis orixinais, representativos e creativos. Outorgaranse dous premios: o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. O prazo para presentar as propostas finalizará o próximo 22 de febreiro
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “tanto o concurso de carteis Brais Alonso como o que convocamos para a Festa da Lamprea están a experimentar un gran éxito, recibindo propostas desde diferentes partes de España”. Asegurou tamén que “estas dúas importantes festas, xunto coa lamprea, son a principal marca identificadora que nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e o mundo.
Máis información na páxina web https://festadalamprea.gal/

