Home Pontevedra Poio Arranca a campaña solidaria "Eu son Gait@" no Día Escolar da Non...

Arranca a campaña solidaria “Eu son Gait@” no Día Escolar da Non Violencia e da Paz

- Anuncio -

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, presidiu este luns, acompañado por membros do Goberno local e técnicas de Benestar Social e Mocidade, o acto de presentación da campaña solidaria ‘Eu son Gaiat@’, a través da cal o Concello de Poio recadará fondos durante os vindeiros días para enviar á ONG Mozambique Sur. A contía servirá para axudar ás crianzas e á mocidade do orfanato Casa do Gaiato, en Mozambique. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo co gallo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que se conmemora este luns 30 de xaneiro.

As achegas poderán facerse nos puntos habilitados nos centros educativos de Poio ou tamén de xeito directo na conta ES80 2100 3412 2113 0047 5676. Luciano Sobral lembra que nesta campaña transversal participan as áreas de Benestar Social, Mocidade, Educación, Deportes e Igualdade e agradeceu a implicación do tecido social e a comunidade educativa. Cómpre lembrar que esta proposta solidaria, a través da cal se da un novo xiro á conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, xorde a raíz do labor realizado pola directora do Centro de Información á Muller, Raquel Morales, en Mozambique, a través dun proxecto impulsado polo Fondo Galego de Cooperación. Tanto nos CEIPS como no IES, entre este luns e os primeiros días de febreiro habilítanse os ‘Rincóns Gaiato’, con furnas para depositar as achegas. Nestes espazos instaláronse, asemade, paneis explicativos, que inclúen un c

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas