HomeVigoBaionaBaiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en Santoña o 4 de Mayo

- Anuncio -spot_img
  • A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a Santoña, un autobús de 55 prazas. Trasladará nel ao grupo Ardelume e o resto de prazas ofreceranse aos veciños e veciñas de Baiona que teñan interese en participar neste evento.
  • As prazas son limitadas e venderanse por orde de chegada a través da axencia de Falcón Viaxes en Baiona, situada na Rúa Carabela a Pinta, 8, en Baiona, a partir do 22 de abril ás 10:15 h.

A Asociación Vilas Mariñeiras á que Baiona pertence desde a súa fundación, celebra o sábado 4 de maio, a VI edición do Día das Vilas Mariñeiras.

Nesta ocasión, a Vila anfitrioa será Santoña, en Cantabria. Esta festa anual é promovida pola Asociación Vilas Mariñeiras, integrada polo municipio anfitrión xunto a Baiona, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera e Laredo.

O obxectivo da asociación con este evento é dar a coñecer as propias vilas, poñer en valor os seus recursos turísticos, culturais e gastronómicos e afianzar a imaxe a nivel interno nos propios municipios. As actividades organizadas supoñen tamén unha gran oportunidade para que confraternicen a veciñanza das seis localidades cántabras, galegas e asturianas, que estarán representados polas principais autoridades municipais, así como por diferentes colectivos sociais e culturais.
Unha comitiva de cada localidade darase cita en Santoña para gozar dunha xornada festiva e de irmandamento.

É por iso que a Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a Santoña, un autobús de 55 prazas. Trasladará nel ao grupo Ardelume e o resto de prazas ofreceranse aos veciños e veciñas de Baiona que teñan interese en participar neste evento.

As prazas son limitadas e venderanse por orde de chegada a través da axencia de Falcón Viaxes en Baiona, situada na Rúa Carabela a Pinta, 8, en Baiona, a partir do 22 de abril ás 10:15 h.

O desprazamento, subvencionado polo Concello de Baiona e a Asociación Vilas Mariñeiras, realizarase en autobús.

A celebración vai rotando a súa sede cada ano para incrementar o impacto dunha aposta na que se tenta transmitir a esencia destes recunchos cheos de tradición e cultura sempre ligada ao mar.

O programa de actos previstos comezará ao mediodía co pasacalles de todos os grupos participantes, que no caso de Baiona, irá en representación o “Grupo Ardelume Baíña”. Haberá unha mostra de folclore, para despois facer entrega do premio ‘Vilas Mariñeiras’.

Como colofón, ás 14.30 horas, levará a cabo a comida de irmandamento.

Para a Asociación de municipios turísticos Vilas Mariñeiras, desde a súa creación en 1998, o seu principal obxectivo foi o de poñer en valor e aproveitar os recursos marítimos e pesqueiros destes municipios para promocionar un turismo sostible durante todo o ano.

Publicacións Relacionadas