Home Pontevedra Caldas Bello Maneiro presenta a candidatura coa que opta á novena reelección co...

Bello Maneiro presenta a candidatura coa que opta á novena reelección co aval de 32 anos de progreso en servizos e infraestruturas

- Anuncio -

• Luis López sinala que Bello Maneiro seguirá sendo o alcalde de Valga porque é a persoa que transformou este concello: “o que funciona non se cambia”.


• Francisco Conde agradece ao alcalde o seu compromiso e anos de traballo xerando estabilidade, confianza e novas oportunidades para Valga.

O Partido Popular de Valga presentou esta noite a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do 28 de maio e coa que José María Bello Maneiro opta á súa novena reelección como alcalde, co aval que lle dan 32 anos de goberno e de progreso e avances para o municipio tanto en servizos coma en infraestruturas. Baixo o lema “Feitos de futuro”, a candidatura do PP aposta pola estabilidade e por manter o equipo que durante os últimos catro anos estivo á fronte do goberno municipal, “unha familia” en palabras de Bello Maneiro.

No acto participaron tamén o presidente do PP de Pontevedra, Luis López, e o responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde. López asegurou que José María Bello Maneiro vai volver a gañar as eleccións en dúas semanas, “de forma clara e con contundencia” porque, engadiu, “é a persoa que transformou Valga, ninguén pode cuestionalo. E por iso haberá un si rotundo ao proxecto do Partido Popular. Porque aquí sobran as palabras e falan os feitos e as realidades”.

Ademais, o presidente provincial destacou a xestión dun equipo que “non precisa ningún tipo de presentación, porque está formado por mulleres e homes que levan moitos anos traballando por este concello e ao servicio dos seus veciños. E non podía ser doutra forma porque teñen como referencia a un gran alcalde, a un gran líder, a un traballador nato, un defensor a ultranza de Valga, de cada unha das súas parroquias, de cada unha das persoas que viven neste fantástico concello”. E por iso, engadiu, “o que funciona non se cambia”.

Pola súa banda, Francisco Conde agradeceu a José María Bello o seu compromiso e anos de traballo xerando estabilidade, confianza e novas oportunidades para Valga. Conde, que destacou que este concello é un dos enclaves industriais estratéxicos de Galicia, apelou a seguir apostando pola axilidade administrativa, a redución de trabas fiscais e burocráticas e a xeración dun clima favorable para seguir captando investimentos.

BALANCE DO MANDATO MÁIS COMPLEXO

Durante a súa intervención, Bello Maneiro definiu a lexislatura que agora remata como “a máis difícil e complexa que me tocou vivir como alcalde. Primeiro, polos desgraciados finais de dúas familias valguesas a causa da violencia de xénero. E despois, a pandemia obrigou ao Concello a redobrar esforzos para protexer a saúde e garantir as subministracións básicas aos nosos veciños, especialmente ás persoas máis vulnerables”. Por eso tivo palabras de recoñecemento e agradecemento para “os servizos e empregados municipais, especialmente en áreas como Protección Civil, Servizos Sociais, axuda a domicilio… Traballadores que, nun momento de moita incerteza, expuxeron a súa propia saúde para estar coas persoas que máis o necesitaban naquel momento. O meu agradecemento a todos eles e tamén ás costureiras que fixeron milleiros de mascarillas de tea cando era case imposible conseguilas e mercalas”.

Máis alá da situación sanitaria, que sen dúbida marcou esta lexislatura, “Valga pode presumir de contar con todo tipo de servizos. Os valgueses que teñen 32 anos non viviron a situación de ter que ir ao instituto a Padrón, a Vilagarcía ou a Santiago, xa que hoxe os nosos nenos e mozos poden formarse e estudar en Valga dende os 0 anos ata o Bacharelato”.

En servizos básicos “somos tamén uns privilexiados. Temos cuberto practicamente o 100% do territorio do noso concello coas redes de abastecemento, saneamento, alumeado e estradas. Contamos con máis de 100 quilómetro de tubaxes de saneamento, unha rede de abastecemento de auga de máis de 144 quilómetros e máis de 3.000 puntos de luz”. E, en canto a Sanidade, “o Centro de Saúde e o PAC 24 horas ofrecen cada vez máis servizos. Aínda que non nos conformamos e seguiremos xestionando novas melloras” para atender ás necesidades e demandas dos pacientes.

No período 2019-2023 rematouse a rehabilitación do Edificio de usos administrativos, no que actualmente se atopan a Policía Local, a biblioteca, o Xulgado de Paz e a radio municipal. Transformouse o parque Irmáns Dios Mosquera para convertelo nunha área de ocio de referencia con sendas peonís e para bicicletas, novos xogos para os nenos, renovación as súas varandas e pontes, melloras na praia fluvial e acondicionamento de aseos públicos. Ademais, humanizouse por completo o acceso a esta zona a través da Rúa Baixa.

Tamén se habilitou o novo embarcadoiro de Santa Cristina no Río Ulla, renováronse as escolas rurais do CRA, reformouse de xeito integral o colexio Baño-Xanza, e acadouse un novo ciclo de FP de Agroxardinería no IES de Valga, para o que se cederon terreos municipais contiguos ao instituto. O próximo obxectivo é acadar o Bacharelato de Artes.

Esta foi tamén a lexislatura da compostaxe, co reparto de máis de 1.000 composteiros domésticos entre os veciños e a creación de tres composteiros comunitarios, e da mobilidade sostible, coa creación de rutas peonís e ciclables en diferentes lugares do municipio.

E fronte a isto, “temos en Valga unha oposición que lonxe de arrimar o ombreiro, intenta poñer paus nas rodas e entorpecer o traballo do equipo de goberno, denunciando continuamente calquera actuación ante os organismos máis diversos”. Pero “nós seguiremos polo noso camiño: o do traballo e o da xestión. Iso foi o que, nos últimos 32 anos, converteu a Valga no que é hoxe: un pobo envexado por veciños doutros concellos en canto a servizos e infraestruturas. E esperamos, coa vosa confianza, seguir traballando por Valga e polo seu futuro, con novos proxectos, con novas ideas para que poidamos sentirnos orgullosos do noso”.

Bello Maneiro presentou as liñas mestras do seu Plan estratéxico 2023-2027. Nel destacan o proxecto de recuperación da antiga mina Porto Piñeiro, valorado en máis de 14 millóns de euros; solucionar a problemática da falta de solo industrial a través da creación dun novo polígono industrial; ou a creación dunha Base de Unidades Operativas (BUO) para a prevención e loita contra os incendios forestais, un proxecto para o que o Concello xa cedeu á Xunta máis de 3.000 metros cadrados de terreos.

Outras das actuacións fundamentais para o futuro de Valga serán o control dos desbordamentos nas concas dos ríos Valga e Louro; a concentración parcelaria de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi e a creación dun polígono agroforestal de plantación de viñedo; a renovación das instalacións deportivas de Campaña coa substitución do céspede artificial do campo de fútbol; a continuación da rede de sendas peonís e para ciclistas polo territorio municipal ou a ampliación das zonas de xogo e deportivas na contorna da Mina Mercedes cun parque de calistenia e unha pista de skate.

CANDIDATURA DO PP DE VALGA
1 JOSÉ MARÍA BELLO MANEIRO
2 ROMÁN CASTRO CASTROMÁN
3 CARMEN GÓMEZ PARDAL
4 MARÍA MAGDALENA ISORNA SUMAY
5 PEDRO CALVO BLANCO
6 AGUSTINA BEGOÑA PIÑEIRO BUSTO
7 JOSÉ ÁNGEL SOUTO JAMARDO
8 ÁLVARO FERNÁNDEZ ABALO
9 MANUEL FERREIRO MANEIRO
10 CANDELARIA RIVEIRO ESPIÑO
11 RUBÉN RODRÍGUEZ FERREIROS
12 PEREGRINA ABRIL CASTROMÁN
13 RAMONA OTERO TANOIRA

SUPLENTES:
1 JUAN BAUTISTA POTEL CALVO
2 SILVIA PARDAL BRAGAÑA
3 JOSÉ LUIS PADÍN IGLESIAS
4 TAMARA TÚÑEZ DASILVA
5 MIGUEL BUSTO GIL
6 MARÍA CARMEN MANEIRO SOÑORA
7 JOSÉ LAGOS ABOY

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas