Xoán Reices: “Mentres a escasos 2 ou 3 quilómetro do centro da vila amoréase o lixo sen control, o alcalde gastará 128.000 en zonas axardinadas e un photocall”
O goberno do PP vén de anunciar a adxudicación para reformar sete zonas axardinadas e un photocall na Alameda. Esta adxudicación suporán para as arcas públicas un desembolso de 128.000 euros. Sen embargo, para o concelleiro do BNG, Xoán Reices, supón unha nova mostra de que a “este goberno vive das políticas para a galería deixando de lado cuestións máis importantes para os veciños e veciñas”, afirma.
Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “mentres o concello vai gastar 128.000 euros en poñer bonito determinadas zonas da vila para que o alcalde poida sacarse selfies, a escasos 2 quilómetros do centro, ao lado do punto limpo amoréase o lixo, cousa que xa denunciamos no mes de abril”. “Que fixo o goberno do PP a este respecto?”, pregúntanse Xoán Reices, “nada en absoluto; é máis o lixo foi a máis e segue amoreándose nas marxes do punto limpo e do antigo matadoiro, unha infraestrutura, que, por outra parte, foi pasto de roubos e saqueo, convertida hoxe nu espazo baleiro, de aires post-apocalípticos”.
“Pois isto acontece a escaso 2 ou 3 quilómetros do centro da vila”, afirma Reices, “certo que non se ve, está alí perdido no medio do monte, só o ven os veciños e veciñas que vaian ao punto limpo ou os que vivan en Ferreiros, xa no concello de Cuntis”.
O concelleiro do BNG instou novamente ao alcalde a limpar a zona das marxes dos punto limpo, “non só por cuestións medioambientais, senón porque é unha vergonza ter ese espazo nesas condicións, dando unha pésima imaxe do noso concello; iso si, non lucirá tanto como o photocall, pero desde logo sairá máis económico para as arcas públicas”.