Home Tabeirós A Estrada BNG volve denunciar a falta de mantemento das liñas de teléfono e...

BNG volve denunciar a falta de mantemento das liñas de teléfono e fibra do rural

- Anuncio -

Xoán Reices: “Resulta contraditorio que o concello envíe cartas para empadroarse e non baixar de categoría polo número de habitantes, pero logo non fai nada para manter os servizos dos veciños e veciñas á altura do século XXI”

A veciñas e veciños de Berres puxéronse en contacto co BNG da Estrada para denunciar unha vez máis o nulo mantemento de Movistar das liñas de telefonía no rural. O candidato do BNG, Xoán Reices, explicou que “veciños da Mouteira en Berres levan máis dun mes cun poste da liña telefónica pousado sobre os cables a escasos metros do chan, interrompendo parcialmente a entrada dunha casa”.

“O mantemento que fai Movistar das liñas de telefonía e fibra é nefasto”, afirma Reices, “hai poucas semanas denunciamos a desfeita de Bouzamar en Vea, que finalmente arranxaron porque os veciños e veciñas quedaron incomunicados pola rotura dos cables”. “Iso si”, explica o candidato do BNG, “a cousa quedou a medias, xa que preto do Souto de Vea e en Santo André de Vea, os cables da fibra continúan polo chan”.

Para o Reices esta situación é “intolerábel, non é de recibo este abandono das infraestruturas de comunicacións, que son claves en pleno século XXI”. “Pero o grave é o desleixo do alcalde que literalmente pasa de todo”, afirma Reices, “López é coñecedor desta situación, pero non move un dedo darlle un tirón de orellas a esta empresa que recibiu millóns de euros para levar a fibra ao rural, deixando os cables tirados, postes tirados, etc… un desastre”.

O candidato do BNG, Xoán Reices insta ao alcalde a “poñerse as pilas para evitar que os veciños e veciñas queden incomunicados e tamén, e non menos importante, para evitar a mala imaxe que dá o noso concello con infraestruturas clave tiradas e sen mantemento”. “Neste sentido, resulta contraditorio que o concello envíe cartas para empadroarse e non baixar de categoría polo número de habitantes”, destaca Reices, “pero logo non fai nada para manter os servizos dos veciños e veciñas á altura do século XXI”.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas