A praza será o escenario deste este luns 4 de agosto de diferentes actuacións culturais que rematarán o venres con esta popular cita gastronómica
O Concello de Nigrán colabora un ano máis co Centro Cultural e Deportivo ‘Bolos da Carrasca’ para organizar a súa ‘XXXI Semana Cultural’ que arranca hoxe luns 3 de agosto e que remata ao grande o venres 9 coa trece edición da festa dos ovos con chourizo, o gran evento gastronómico do municipio. Ese día, a partir das 21:30 horas, unha trintena de persoas da entidade estarán a traballar para poder ofrecer 1.500 racións nunha praza da Carrasca totalmente preparada para a ocasión.
“A festa dos ovos con chourizo é a única festa gastronómica de Nigrán que se mantivo no tempo grazas á tenacidade dunha entidade cultural”, valora o alcalde, Juan González.
A semana cultural comeza hoxe luns ás 21:30 horas coa actuación da Banda de Música da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia, segue o martes á mesma hora co Grupo Pandereteiras de Sobreiro,. O mércores prosigue co Concerto da Aspociación Ardelume de Baiona e o xoves, como é tradición, adícase desde as 17:30 horas á infancia con inchables, festa da escuma e actuación das escolas de danza Paradela e Media Punta. Xa o venres adícase por completo á devandita festa dos ovos con chourizo amenizada polo “Dúo Dinamita”.
“Desde o Concello transmitimos os nosos parabéns ao Centro Cultural A Carrasca polo seu traballo incansable durante todo o ano que contribúe a dinamizar a vida cultural e social da parroquia”, finaliza González.

