Home Pontevedra Campo Lameiro Carlos Costa optará á reelección á Alcaldía de Campo Lameiro

Carlos Costa optará á reelección á Alcaldía de Campo Lameiro

- Anuncio -

• O candidato sinala que “o único que nos move é traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”.

• Luis López di que a súa xestión nestes anos “é envexable, porque cada día comeza unha obra, ábrese un servizo ou xestiónase unha infraestrutura”.

Carlos Costa optará á reelección á alcaldía do Concello de Campo Lameiro. Hoxe anunciou a súa candidatura diante da xunta local do partido, do presidente provincial, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, tras ser elixido por unanimidade pola executiva do PP local.

Carlos Costa sinala que asume o reto con ilusión e compromiso: “o único que nos move é traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”. Nesta liña, agradece o apoio da xunta local do partido, e o traballo de cada un dos concelleiros. “Somos un equipo, temos un proxecto claro para o noso concello e o único fin que temos é buscar o progreso de Campo Lameiro e velar polos intereses dos nosos veciños”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis López, destaca que “Carlos é un exemplo de boa persoa e, como tal, sempre ten tempo e unha atención próxima as 24 horas do día para os veciños. É un home sinxelo que coñece todos os mecanismos da política e que conta cun perfil integrador que permite que todos traballen polo ben común de Campo Lameiro. Sabe respectar, sabe unir e sabe coidar a todas as sensibilidades”.

Con respecto á súa xestión estes catro anos, López dixo que “é envexable, porque cada día comeza unha obra, ábrese un servizo ou xestiónase unha infraestrutura”. Como exemplos, sinala dende o inicio do saneamento de Reboredo, nun proxecto ambicioso que terá varias fases e chegará a máis núcleos rurais -en 2023 empezarase Fontenla e seguirase por Mullerboa e Cerdeiras-, ata a mellora do parque empresarial, a ampliación do punto limpo, a modernización do centro de saúde, o acondicionamento e mellora das pistas, a celebración de eventos sociais ou culturais, como o primeiro festival da Arte Rupestre Laeros, ou a posta en marcha de medidas de conciliación con campamentos ou ludotecas. “Pero o máis importante é que Carlos e o PP sempre están xunto aos veciños nas súas reivindicacións e demandas. Cando os veciños precisan algo, queren esixir algo, o seu goberno local sempre está ao seu carón, porque precisamente ese é o mellor xeito de ser e defender ao Partido Popular: estar coa xente e pola xente por riba de todas as cousas”.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas