O alcalde, David Carrera, animouse a tomar os mandos da máquina que accionaba a Festa da Escuma.
Unha multitude de cativos tomaron por asalto os xogos inchables instalados polo Concello da Lama na Alameda dentro da programación do “Verán Cultural” que se organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e que combina ao longo destes días numerosas actividades lúdicas e culturais para goce de veciños e visitantes.
Os nenos e nenas do municipio, e tamén moitos outros visitantes, pasaron unha xornada divertida e de xogos con 7 inchables xigantes, un touro mecánico e a Festa da Escuma que serviu de colofón a esta xornada lúdica de disfrute familiar especialmente deseñada para os máis pequenos da casa.
Entre o numeroso público presente atopánbase o alcalde, David Carrera, o tenente de alcalde, Andrés Cal, e a concelleiro de Igualdade e Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña, que supervisaron en todo momento o desenvolvemento da actividade coordinando coas monitores o operativo lúdico desplegado na Lama.
Os nenos brincaron nos distintos aparellos e xogos instalados ata as sete da tarde, hora á que comezou a Festa da Escuma que asolagou de cor branca o empedrado da Alameda da Lama onde os nenos ían desaparecendo engulidos pola escuma que manaba dun canón especialmente preparado para a diversión.
O alcalde da Lama, David Carrera, valorou moi positivamente a numerosa participación dos nenos e nenas da Lama e da contorna e manifestou que ter unha actividade deste estilo, específica para os máis cativos, é unha das características do amplo e variado programa do “Verán Cultural” que se leva a cabo desde o Concello a través da OMIX.
Debido ás altas temperaturas, os inchables con piscina e mesmo unha alberca para os máis cativos resultaron moi acaídos e demandados polos nenos e nenas durante esta xornada onde a empresa “Diverneno” asignou un monitor a cada un dos aparellos co fin de velar pola seguridade, a organización e o bo uso dos xogos inchables.
“O Verán Cultural está pensado para que tanto os veciños como aquelas persoas que nos visitan, que este ano estamos notando que son moitas, gocen en familia e en boa veciñanza de todo un variado programa que inclúe desde actuacións musicais para todos os gustos, a teatro, maxia, contacontos, o paseo en piragua polo río Verdugo, o Xantar da 3ª Idade, a Festa dos Nenos e Nenas, etc. Pretendemos que todos os colectivos teñan algo específicamente pensado para eles e ao mesmo tempo coñezan e acudan a todo tipo de espectáculos”, indicou o alcalde David Carrera.

