Home Pontevedra A Lama Centos de veciños asisten ao concerto de presentación da nova Banda de...

Centos de veciños asisten ao concerto de presentación da nova Banda de Música da Lama celebrado na Alameda

- Anuncio -

O concelleiro de Cultura, Daniel Vidal, cualificou este acto dun fito histórico longamente demandado pola veciñanza e que será o xérmolo dun proxecto integrador para achegar a formación musical á mocidade

Centos de persoas asistiron ao concerto inaugural da actividade musical da Banda de Música Municipal da Lama que baixo a batuta de Juan Alén Castro protagonizou unha xornada moi emotiva na que a veciñanza rememorou os lazos que tradicionalmente mantiña este concello coa música bandista.

A Banda de Música Municipal da Lama fixo a súa entrada triunfal na Alameda en medio de centos de veciños que en pé aplaudían emocionados o nacemento desta nova agrupación musical que levará o nome da Lama por todo o territorio galego e que lucirá no seu escudo laureado, ademais dos colores das bandeiras de España e de Galicia, terá unha lira, o estandarte do Concello e un pentagrama cos acordes de “Unha noite no Santo Cristo”, peza composta polo mítico músico de Antas Hixinio Cambeses.

O acto contou coa presenza do concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, e o tenente de alcalde David Carrera así como persoas vidas de todas e cada unha das parroquias do municipio convertendo a praza empedrada da Alameda nun escenario ideal para facer esta presentación multitudinaria.

O edil de Cultura, Daniel Vidal, defendeu a importancia deste proxecto que despois de moito tempo sin que A Lama dispuxera dunha banda de música propia vai propiciar que se recupere esa tradición ao tempo que servirá de xérmolo dun proxecto integrador para achegar a formación muscial á mocidade da Lama e da contorna.

Entre os compoñenentes da Banda de Música Municipal da Lama está un mozo, Juan Vidal, neto do mítico Gaiteiro da Lama quen se dirixiu aos presentes para compartir con emoción e intensidade as gañas que tanto el como a trintena de membros desta agrupación musical teñen de amosar o seu talento.

O director da Banda, Juan Alén Castro, ademais de agradecer a confianza e asumir a responsabilidade foi levando o devir do concerto e presentando todas e cada unha das pezas. O concerto de presentación da Banda comezou coa interpretación do pasodobre “Amparito Roca”, para continuar con “Campanera”, “A Santiago voy”, “Rolandito”, Medley Boleros”, “El Gato Montés”, “Que rico el Mambo”, “Churrusqueira”, “Muiñeira a Pepa”, “Medley Tuna”, “Martinika” e rematou con “O Garrotinho” portugués.

Para rematar esta primeira intervención oficial, a Banda fixo un pasarrúas de honra de despedida ata A Pedreira, diante do monumento aos músicos para honrar tamén a memoria de Hixinio Cambeses onde se deu por finalizado este acto inaugural.

O numeroso público presente felicitou aos músicos, ao seu director, ao tenente de alcalde, David Carrera e ao edil de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, pola iniciativa de recuperar para a Lama e para o mundo da música en xeral a Banda de Música Municipal da Lama.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas