Home Pontevedra O Salnés Comesaña destaca o futuro centro de saúde de Vilagarcía como exemplo da...

Comesaña destaca o futuro centro de saúde de Vilagarcía como exemplo da “Galicia que funciona”

- Anuncio -

● O conselleiro de Sanidade destacou os feitos do goberno de Rueda elaborando o proxecto e licitando esta obra de 19 millóns de euros mentres o Concello aínda non presentou o comprometido estudo de mobilidade para a parcela


● Lembrou que PSOE e BNG votaron en contra da lei que permitiu que na actualidade estean cubertas todas as prazas de medicina de familia do centro de saúde arousán


● Valorou as promesas en materia sanitaria de independentistas e socialistas como unha proba de que “saben que non van gobernar”

O conselleiro de Sanidade e candidato na lista do PPdeG por Pontevedra, Julio García Comesaña, visitou hoxe xunto á voceira do PP de Vilagarcía, Ana Granja, o candidato Raúl Santamaría e outros dirixentes do PP local, a parcela onde se construirá o futuro centro de saúde de Vilagarcía conforme ao previsto no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo goberno galego en outubro de 2021.

Comesaña lembrou que “foi a vontade do goberno do Partido Popular e de Alfonso
Rueda a que posibilitou que hoxe esteamos tan preto de dar unha nova infraestrutura sanitaria a este concello”, destacando que o goberno local complicou este proxecto ao non dar máis alternativas que unha única parcela: “se non era aquí, non o ían permitir en ningún outro lugar. E o PP priorizou facelo”, destacou.

O conselleiro destacou que, tras o esforzo da Xunta para elaborar o proxecto arquitectónico para un centro de saúde nesa parcela e iniciar os trámites de licitación da obra por un valor de 19 millóns de euros, o goberno local aínda non cumpriu co comprometido: “non realizaron aínda ese estudo de mobilidade que esixía o convenio para garantir a fluidez do tráfico necesaria para o acceso dos pacientes e das ambulancias a este centro de saúde”.

“Nós fixemos todo o necesario para ter un centro na parcela que nos impuxeron pero aínda non sabemos que pensa facer o concello para que esa parcela cumpra co requirido”, remachou.

Cobertura de todas as prazas pese ao voto en contra de PSOE e BNG
García Comesaña puxo tamén como activo do balance do goberno de Rueda neste concello o feito de que “hoxe todas as prazas de medicina de familia do centro de saúde desta cidade están cubertas” e resaltou que iso foi posible grazas á lei que permitiu ofertar as prazas de difícil cobertura sen oposición e mediante concurso de méritos, unha norma que contou co voto en contra de PSOE e BNG.

O conselleiro resaltou que Galicia é hoxe a única comunidade que, ante o déficit de especialistas en atención primaria decidiu ofrecer sen oposición as prazas de difícil cobertura para atraer aos profesionais e cubrir así estes ocos, unha medida que permitiu completar o cadro do persoal do centro vilagarcían e que teña 24 médicos pasando consulta diariamente. “Probablemente iso era o que os socialistas e os nacionalistas querían evitar cando votaron en contra”, zanxou Comesaña, que lembrou que este mesmo sistema de concurso permitirá cubrir en semanas a única praza médica aínda vacante no centro: a de pediatría da quenda de tarde.

O realismo da Galicia que funciona
O conselleiro de sanidade aproveitou a súa visita a Vilagarcía para destacar tamén as medidas en materia sanitaria que Rueda comprometeu para os primeiros 100 días do seu próximo mandato, que van desde a inclusión da vacina intranasal da gripe no calendario vacinal infantil ata a posta en marcha dos novos programas de cribado de cancro de pulmón ou de próstata.

Comesaña erixiu estas propostas como exemplo do “realismo da Galicia que funciona” e reivindicou que no PP “prometemos o que sabemos que podemos facer e que podemos cumprir” fronte aos anuncios irrealizables de BNG e PSOE.

Nese sentido, valorou a insistencia dos candidatos independentistas e socialistas en promesas como a garantía de cita médica en 48 horas ou a dotación dun pediatra no centro de saúde de cada concello como un sinal de que “saben que non van poder gobernar” pois é “algo que, no contexto actual de falta de profesionais, non está a conseguir ningún goberno autonómico en ningunha parte de España, especialmente onde gobernan estes partidos ou os seus socios”.

Pola contra, destacou o realismo de Rueda como un exemplo do “sentidiño e seriedade” que saberá valorar a cidadanía galega fronte aos que “consideran que todo o que construímos os galegos nos últimos 15 anos foi un erro e que hai que desfacelo todo”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas