Home Pontevedra Comesaña sinala o Novo Montecelo como froito “dun goberno estable” que mellora...

Comesaña sinala o Novo Montecelo como froito “dun goberno estable” que mellora a sanidade pública e compromete a súa fase 2

- Anuncio -
  • O conselleiro de Sanidade sinalou que a cidadanía de Pontevedra pasará a contar con servizo de radioterapia, de medicina nuclear, cunha UCI pediátrica e un hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil
  • O programa electoral do PPdeG recolle o compromiso de Alfonso Rueda de levar a cabo a fase 2 do Novo Montecelo que conseguirá ter integrada toda a infraestrutura hospitalaria pública da cidade de Pontevedra nunha gran cidade sanitaria
  • A execución desa fase 2 permitirá liberar o actual Hospital Provincial de actividade sanitaria e darlle o novo uso de residencia sanitaria comprometido polo presidente Rueda

O conselleiro de Sanidade e candidato na lista do PPdeG por Pontevedra, Julio García Comesaña, visitou hoxe xunto as candidatas pontevedresas María Martínez e María Deza, a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro e todos os alcaldes e voceiros do distrito sanitario de Pontevedra, as obras do Hospital Novo Montecelo que o Goberno galego finalizará este ano 2024 e nas que se levan investido 90 millóns de euros na súa construción, que chegará aos 130 millóns.

Comesaña fixo fincapé nos servizos que a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporará grazas á nova infraestrutura sanitaria. “Cos novos servizos de radioterapia e medicina nuclear, preto de 500 pacientes ao ano non terán que desprazarse a Vigo para recibir este tipo de tratamentos”, indicou o conselleiro e candidato.

Igualmente, dotarase por primeira vez a esta área dunha UCI pediátrica e porase en marcha un hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil, dentro do compromiso do goberno de Alfonso Rueda pola mellora da atención á saúde mental que se demostrou nesta lexislatura coa creación deste servizo, que permite realizar terapias intensivas que evitan ingresos psiquiátricos dos rapaces, nas restantes áreas sanitarias.

Estes avances, en palabras de Comesaña, serán froito “do traballo que temos feito e serán un exemplo de que, cun goberno estable do PP, a sanidade pública mellora e a cidadanía gaña servizos”.

Compromiso coa Fase 2

Para a vindeira lexislatura, o programa electoral do PPdeG recolle expresamente o compromiso de levar a cabo a fase 2 do Novo Montecelo. Esa segunda fase suporá reformar o edificio do actual Hospital de Montecelo para despois trasladar a unhas instalacións reformadas os servizos do Hospital Provincial conseguindo, por unha banda, “ter integrada toda a infraestrutura hospitalaria pública da cidade de Pontevedra nunha gran cidade sanitaria” e, por outra, “poder darlle ás instalacións do Provincial ese novo uso de residencia universitaria que comprometeu o presidente Rueda”.

“Todo este traballo en prol da saúde e do benestar da veciñanza desta cidade e da súa área sanitaria foi e será liderado por un veciño de Pontevedra comprometido coa súa cidade e coa sanidade pública como é Alfonso Rueda”, finalizou o conselleiro.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas