O popular evento terá lugar a partir das 9:30 horas con preto de cen bólidos inscritos
O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural ‘A Camoesa’ ofrecen mañá sábado 15 de agosto a ‘XVIII Baixada de Carrilanas’ nas rúa San Roque e Xuncido (Camos). A proba desenvolverase durante toda a mañá, comezando ás 9:30 horas cunha baixada de adestramentos. A competición poderá seguirse en streaming e consultarse os tempos e resultados finais en www.eventosnigran.es.
Os verdadeiros ‘carros de bolas’ volverán a deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia. Como xa é habitual, sairán do Turreiro, virarán bruscamente á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) para afrontar unha rasante e unha curva de 90 grados xusto antes da meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel tremendo, o que fará que os bólidos ‘voen’ a velocidades que poden superar os 80 km/h.

