Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela renova o apoio ao tecido asociativo e confirma que este ano...

Cubela renova o apoio ao tecido asociativo e confirma que este ano recibirán axudas por importe que supera os 100.000 euros

- Anuncio -

• O alcalde comprometeuse a seguir apostando pola cultura popular e polas asociacións veciñais como fonte de dinamización do municipio

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, está a manter xuntanzas con colectivos sociais, culturais e deportivos para informarlles de que os orzamentos aprobados para o 2023 seguirán apoiando e apostando polo movemento asociativo no municipio destinando máis de 100.000 euros a través de distintas áreas ao apoio dos proxectos e actividades impulsados polos colectivos veciñais.

Aproveitou estas xuntanzas de traballo para valorar as liñas de colaboración establecidas polo Concello cos colectivos sociais coa intención de mellorar tanto a eficacia como a eficiencia das mesmas. Polo que respecta ás asociacións culturais, Jorge Cubela, insistiu moito en coñecer o seu parecer polo funcionamento do Plan Cultural a través do cal o Concello destina máis de 40.000 euros a compensar as actuacións que realizan os colectivos musicais e culturais do municipio.

Por outra banda, as agrupación músico-culturais valoraron moi positivamente a realización de certames como o protagonizado polo músico Carlos Núñez en homenaxe ao gaiteiro de Viascón Ricardo Portela e apostou por seguir abundando na liña de colaboración entre os colectivos sociais e o Concello para redundar en maior beneficio social tanto para estas entidades como para a veciñanza en xeral.

Nos orzamentos do 2023 recibirán axudas por diversos conceptos a Asociación Astronómica Sirio, a ANPA de Carballedo, a ANPA de Tenorio, a ANPA de Cerdedo, a Asociación Cultural Foula, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, a Comisión de festas Valongo (promoción festa gastronómica da filloa), Asociación Cultural Amigos do Requeixo, Comisión de festas de Borela (festa gastronómica, Banda de Música de Tenorio, Asociación Cultural Afoutes do Cañón de Pau, Os Abrentes de Cerdedo, Pandereteiras de Quireza, Banda de música de Cerdedo, Asociación Rapa das Bestas de Cuspedriños, Tenorio Fútbol Club, masculino e feminino, Cerdedo Cotobade fútbol sala, Club escolas deportivas Cotobade Transgalaica 2023, CCMM de Vilar, CCMM Vilalén, Comunidade de Augas, Comunidade de Augas A Costa e Comunidade de Augas de Cuspedriños.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas