- O líder dos populares na cidade critica a falta de resposta por parte do Goberno local: “No hay derecho a que los vecinos del lugar de A Igrexa soporten, desde hace días, este vertedero de basura alrededor de los contenedores”
- O dirixente do PP lembra a entrada en vigor do último contrato multimillonario: “Lores firmó en 2025 una concesión de 258M€ para mejorar la limpieza, pero las parroquias siguen sucias y abandonadas”
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acudiu á chamada dos veciños da parroquia de Bora para denunciar que levan máis dunha semana alertando ao Concello de Pontevedra da acumulación de residuos e do incumprimento do novo contrato de recollida e tratamento de residuos.
Domínguez comprobou presencialmente a situación no lugar de A Igrexa, onde os residuos se acumulan arredor dos colectores, e criticou a falta de resposta durante todos estes días por parte do Goberno municipal do BNG.
O líder do PP local lembrou que estas incidencias, que tamén se repiten en distintos puntos do rural, prodúcense a pesar da entrada en vigor en 2025 do novo contrato do lixo. “Lores ha firmado un contrato de 258 millones para mejorar la limpieza, pero Pontevedra sigue sucia y los problemas de salubridad se acumulan”, denunciou.
Neste sentido, lamentou que o novo contrato, cunha duración de 20 anos, “sigue olvidándose de las parroquias del rural”. Domínguez reclamou que a mellora do servizo chegue “a todos los barrios, a todas las parroquias y a todo el centro urbano”.
“Exigimos a Lores que se mejore la limpieza en el centro, que la ciudad está muy sucia, pero exigimos también que las parroquias tienen que estar limpias y en condiciones. No hay derecho a que los vecinos de Bora soporten este vertedero desde hace días”, lamentou.
Domínguez defendeu que os pontevedreses teñen dereito a recibir un servizo acorde co custo do novo contrato e esixiu ao Goberno municipal que actúe de forma inmediata ante os reiterados avisos dos afectados. “Si los pontevedreses van a pagar más que nunca, tienen derecho a un servicio de limpieza que funcione de forma óptima”, sinalou.
En definitiva, os populares reclaman ao Goberno municipal do BNG que garanta o cumprimento do servizo en todo o termo municipal, incluídas as parroquias, e que dea unha resposta inmediata ás incidencias comunicadas polos veciños.

