En licitación a obra de mellora da pavimentación no vial fillaboa-Grixó e Fraguiñas-Igrexa en Fornelos

Redacción

As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 24 de agosto.

Obra financiada a través das axudas para actuacións en camiños rurais para o ano 2026- 2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

A actuación enmárcase dentro do Plan Municipal de mellora de viais e contempla a pavimentación de tres camiños municipais que se encontran nun estado de deterioro importante. Por un lado entre a Fillaboa e Grixó, na parroquia de Alxén, asfaltarase un vial cunha lonxitude total de 773 m. As seguintes actuacións realizaranse no vial de Fragiñas – Igrexa na parroquia de Fornelos, 146 m de lonxitude por un lado e 205 m por outro.

En total unha intervención de preto de 80.000 euros cofinanciada en máis de 12.000 euros polo Concello de Salvaterra de Miño.

Comparte este artigo