Home Vigo Baiona Escape room dixital en Baiona o próximo 12 de maio baixo o...

Escape room dixital en Baiona o próximo 12 de maio baixo o título de “Arribada dá Carabela Pinta”

- Anuncio -
  • Transcorrida a data esta actividade poderase descargar e quedará aberta durante un mes para que a veciñanza e as persoas visitantes poidan xogar por libre

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño se enorgullece en presentar ‘Eureka’, unha iniciativa innovadora destinada a divulgar o patrimonio e os recursos turísticos de Baiona.

A partir do mes de maio, esta emocionante proposta convidará a residentes e visitantes a descubrir os tesouros culturais e naturais que distinguen a esta vila a través dunha actividade gratuíta de escape room ao aire libre.

Baiona será o concello que estree esta serie de escape rooms temáticos o próximo 12 de maio baixo o título de “Arribada dá Carabela Pinta”, unha aventura centrada na cultura local do municipio para desentrañar o misterio do territorio a través de códigos QR e xeolocalización. Transcorrida a data esta actividade poderase descargar e quedará aberta durante un mes para que a veciñanza e as persoas visitantes poidan xogar por libre.

Os xogos virtuais estarán deseñados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo de persoas que complete a proba en menor tempo: unha experiencia turística para ata seis persoas valorada en 500 euros noutro municipio do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ademais, entre todas as persoas participantes cada concello sorteará un lote de produtos do territorio valorado en 150 euros.

Eureka ofrecerá aos participantes a oportunidade de mergullarse na historia e o patrimonio de Baiona e outros 13 concellos, como Nigrán, Tui, Mos, A Guarda, O Porriño, Oia, Gondomar, O Rosal, Fornelos de Montes, Tomiño, Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela. Cada escape room estará deseñado con enigmas e desafíos relacionados coa cultura local, elementos naturais e personaxes históricos, proporcionando unha experiencia inmersiva única que combina aventura e aprendizaxe.
Para participar é necesario cubrir o formulario (https://riadevigobaixomino.gal/inscricion-eureka/), no que se pode seleccionar o escape room ao que se quere asistir.

Úneche á aventura e descobre Baiona como nunca antes facíalo con ‘Eureka’!

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas