Éxito de participación naaa XXII Edición do Certame da Camelia

adminON
Lectura mínima de 5

Esta tarde tivo lugar, na carpa do Castelo de Soutomaior, a clausura e entrega de premios da XXII edición do Certame da Camelia. Un ano, neste 2024, que contou con máis participación en todas as categorías: expositores, participantes, comercio e hostalaría e centros educativos.

A concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, a concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o deputado provincial Jorge Cubela, o vicepresidente da Sociedade Española da Camelia, Antonio Montes e a muller encargada de impulsar o Certame da Camelia, Lelita Gradín, foron as e os encargados de clausurar e de entregar os premios deste XXII edición do Certame da Camelia.

Os premios á mellor composición en centros educativos, foron entregados pola concelleira de Cultura e Turismo, Silvia Cernadas: o 3ºpremio para o Colexio de Educación Infantil de Romariz (100 euros a gastar en material escolar no comercio local) , o 2º premio foi para o Colexio Santiago Apóstol (150 euros a gastar en material escolar no comercio local) o 1º premio recaeu no CEIP Manuel Padín Truiteiro (200 euros a gastar en material escolar no comercio local).

A entrega da mellor composición en na modalidade de escaparates no comercio e na hostalería local entregounos a concelleira desta área, Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña: o 3º premio foi para Costureiras de Arcade (100 euros a gastar no comercio ou hostalaría local), 2º premios foi para a Cafetería do IES Soutomaior (150 euros a gastar no comercio e hostalaría local) e o 1º premio foi para o Estanco da Ostra (150 euros a gastar no comercio e hostalaría local).

Na modalidade de expositores foron o deputado provincial de reto demográfico, xuventude e desenvolvemento rural, Jorge Cubela, e o vicepresidente da Sociedade Española da Camelia, Antonio Montes, os encargados de facer entrega dos galardóns: 5º premio a Maider Montes Barbosa ( 60 euros para gastar no comercio e hostalería local), 4º premios para a Asociación Santo Anxo de Lourido ( 80 euros para gastar no comercio e hostalaría local), 3º premio para Eva Martínez Seoane (100 euros para gastar no comercio e hostalaría local), 2º premio para José Carlos Montes Fernández e Rosa María Solleiro Cendón (150 euros a gastar no comercio e hostalaría local) e o 1º premio para a Asociación San Benito de Romariz (200 euros para gastar no comercio e hostalaría local).

A entrega do premio especial “Lelita Gradín, mellor flor” foi entregado pola propia Lelita a amigos tudenses da camelia “Atuca” (100 euros a gastar no comercio e hostalaría local).
O alcalde, Manu Lourenzo, foi o encargado de entregar o premio especial a inclusión que foi para o Centro de Día a Bo-Lar (100 euros a gastar no comercio e hostalaría local).
Manu Lourenzo quixo destacar que este Certame da Camelia “se mimará e coidará” como a propia flor. Un Certame que foi medrando ano tras ano e que nesta edición contou con máis participación en todas as categorías que no pasado 2023, co cal tanto o alcalde como as concelleiras responsables que estiveron na organización desta cita catalógana de “histórica” con 39 persoas inscritas, 36 expositores, 34 establecementos de comercio e hostalería e 3 centros educativos do concello.

Lelita, a muller que impulsou este certame, foi a encargada de clausurar esta edición, destacando a camelia de Soutomaior e a calidade deste certame.

Unha clausura que contou con moita asistencia de veciñas e veciños do concello e co concerto de Lulavai, que abraiaron as e os asistentes coas súas arpas e voces na carpa do Castelo de Soutomaior.

Comparte este artigo