Home Pontevedra Caldas Luis López: “O proxecto de Isabel Couselo é o da xente de...

Luis López: “O proxecto de Isabel Couselo é o da xente de Cuntis, centrado no desenvolvemento e na atención deste concello”

- Anuncio -

● Isabel Couselo: “urxe o cambio en Cuntis, parar o despilfarro e as débedas provocadas polo grupo socialista nos últimos anos e evitar o profundo retroceso que nos espera se non o impedimos”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, sinalou hoxe que o PP cumpre a súa responsabilidade e ofrece en Cuntis “un proxecto serio, o de Isabel Couselo, que é o da xente de Cuntis, un proxecto centrado no desenvolvemento deste concello e en atender aos veciños e non en vivir deles”.

Foi durante o xantar organizado polo PP local para presentar a candidatura coa que concorren ás eleccións municipais do 28 de maio, e no que tamén participou o responsable de Cultura e Educación do goberno galego, Román Rodríguez. Luis López lamentou que “Cuntis sexa noticia polos pufos do goberno local”. Nesta liña, criticou a xestión dun concello “que admite 600.000 euros de débeda, pero que é posible que pase longamente do millón de euros; un concello que, dende que o PP deixou a Alcaldía no ano 2015, xa non paga axeitadamente aos provedores, moitos deles empresas e autónomos de Cuntis; un concello que pode tardar máis de sete meses en abonar unha factura; e un concello que está inmerso nun Plan de Axuste pola súa mala xestión que recolle, expresamente, a posibilidade de subir impostos e incluso de crear algúns novos”. E chamou a atención con que “é un aviso a navegantes do que vai facer o alcalde se volve gañar as eleccións, que agardamos que non porque iso sería volver a perder outros catro anos”.

Pero, o peor de todo, continuou o presidente popular, “é que todo isto aínda podería ter un pase se o mal goberno socialista que ten Cuntis estivera facendo investimentos, impulsando equipamentos ou abrindo novos servizos públicos, pero a realidade é que non. Só hai que pasar por Cuntis para ver que, máis aló dalgunha peonalización e corte de rúas, todo está igual que hai oito anos. E iso sen falar da súa importante zona rural, das súas parroquias, abandonadas completamente”.
Durante a súa intervención, López destacou que “tanto o PP de Cuntis como eu cremos que hai que ampliar e mellorar o polígono da Ran, pero hai que facelo con sentidiño, como se fan todos os polígonos”. E recordou que Zona Franca leva prometidos polígonos na Guarda, O Rosal, A Cañiza, Poio, Forcarei, Marín, A Lama, Pontevedra, Caldas, Tui, Valga, Vilanova, Vilagarcía, Rodeiro, Barbadás e ata O Carballiño… “E a historia confirma que a Zona Franca fala moito e fai pouco ou máis ben nada”, pero, o peor de todo, é que propón aos concellos convenios nefastos economicamente para os intereses dos veciños.

Pola súa banda, a candidata sinalou que “urxe o cambio en Cuntis, parar o despilfarro e as débedas provocadas polo grupo socialista nos últimos anos e evitar o profundo retroceso que nos espera se non o impedimos”. Dixo chegar “con moita ilusión e preparada para afrontar este reto. E, sobre todo, convencida de que somos a única alternativa capaz de poñer freo e sacar ó noso concello do profundo estancamento no que leva demasiado tempo”. Para conseguilo, presenta “un proxecto moi ambicioso” e está acompañada “do mellor equipo”.

“Cremos nun Cuntis grande, con emprego, cheo de vida e oportunidades; e tamén cremos nun Cuntis moderno, atractivo, capaz de potenciar os seus recursos e poñelos en valor. Somos o cambio que necesita Cuntis. Merecemos un Cuntis mellor e podemos logralo entre todos”, engadiu.

CANDIDATURA DO PP DE CUNTIS

  1. MARÍA ISABEL COUSELO TORRES
  2. MARÍA JOSÉ LIÑEIRA ASOREY
  3. ROBERTO CAMPOS LÓPEZ
  4. SALVADOR SANTIAGO PEREIRA PENA
  5. JOSÉ RAMÓN FERREÑO REGUEIRO
  6. MARGARITA MARÍA ESCARIZ FUENTES
  7. JOSÉ MANUEL PORTO GARCÍA
  8. JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ DUARTE
  9. MARÍA JESÚS FERRO AGRA
  10. RAMIRO GARCÍA GONZÁLEZ
  11. MARÍA JOSÉ REY VERDURA

SUPLENTES:

  1. RUBÉN NÚÑEZ PAMPÍN
  2. JOSÉ MANUEL FUENTES RIVERA
  3. JULIA CASTRO IGLESIAS
  4. MARÍA LUZ GARCÍA GUERRA
  5. OLIMPIO REY COTO

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas