Free Porn
xbporn
Home O Salnés Meis Marta Lucio denuncia irregularidades nos contratos, a existencia de 34 reparos de...

Marta Lucio denuncia irregularidades nos contratos, a existencia de 34 reparos de Intervención e a “nefasta xestión económica” para pechar 2023 cun déficit de 696.075€

- Anuncio -

● A voceira municipal do PP alertou no pleno dos “demoledores informes” dos servizos técnicos municipais sobre as contas, xa que non se cumpre a estabilidade orzamentaria e se advirte da necesidadede volver pola senda do cumprimento coa adopción de medidas para este ano


● A concelleira revela que Intervención lamenta a falla dun Plan de Control Financeiro, os incumprimentosen materia de persoal coa contratación de temporais, o abuso dos contratos verbais e menores e o encargo de servizos sen cobertura orzamentaria, “o que nos leva ao abismo”


● Lamenta que o goberno socialista aposte pola suba da taxa de recollida do lixo e, sobre todo, que prepare un incremento do 20% do IBI para o vindeiro ano despois de que quedara fóra de prazo para este exercicio

A voceira municipal do PP de Meis, Marta Lucio, lamentou no pleno celebrado onte á noite a “mala situación económica” na que está inmerso o Concello por mor da “nefasta xestión económica” do goberno socialista de Marta Giráldez, xa que, entre outrascuestións, liquidou o orzamento do ano 2023 con 696.075 euros de déficit.

A concelleira popular alertou ante a corporación dos “demoledores informes” dos servizos técnicos municipaisde Intervención sobre as contas, que se coñeceron na sesión de onte, posto que os ingresos foron 419.026 euros máisbaixos que os gastos, “o que deixa ben claro o derroche e a dilapidación dos recursos públicos”, e a maiores hai que engadir 278.918 euros de axustes, xa que o executivo socialista está incorporando facturas de anos anteriores e adianto outras para os exercicios posteriores.

Por todo elo, o Concello no cumpriu co principio de estabilidade orzamentaria en 2023 “e só nos libramos da aplicación dun plan de axuste pola suspensión das regrasfiscais” por parte do Goberno de España durante os últimos tres anos, pero a voceira popular advertíu, como sinala a Intervención Municipal, da necesidade de volver pola senda do cumprimento, coa implantación das medidas oportunas, no que se refire á estabilidade orzamentaria e a regra de gasto neste 2024.

Por outra banda, Marta Lucio tamén engadíu que as conclusións de Intervención son especialmente “duras coa realidade do Concello de Meis”, posto que non se dispón dun Plan Anual de Control Financeiro, carécese de ordenanza para cuestións como as festas ou a ludoteca, haiflagrantes incumprimentos e fraudes de lei na contratación de persoal apostando polos temporais e sen incluír esas prazas na Oferta de Emprego Público e abúsase dos contratos verbais e menores chegando a facer encargos en cobertura orzamentaria.

“A xestión do PSOE estanos a levar ao abismo”, lamentou a concelleira popular, que revelou que os servizos técnicos municipais impuxeron 34 reparos durante o ano pasado principalmente en facturas, indemnización e nóminas polo abono indebido de produtividades, recoñecementosextraxudiciais de crédito ou xustificación de subvencións.

“Con este descontrol, con esta mala planificación e con todas estas irregularidades coas que pretenden manexar o Concello como o seu cortijo, pois a situación económica e o funcionamento de Meis están no seu peor momento”, detallou Lucio, que lembrou que a consideración de que o Concello é como a sede do seu partido “ata foi admitida pola propia alcaldesa cando revelou que se reuníu con José Aspérez, dos independentes de Meaño, por cuestións do goberno da Mancomunidade na propia casa consistorial”.

Finalmente, a voceira do PP tamén criticou a suba da taxade recollida de lixo e limpeza aprobada polos socialistas no pleno “coa súa técnica habitual de pasar o rodillo e de xustificala na necesidade de pagar o servizo cando en realidade é para pagar os seus pufos e a súa mala xestión”, pero sobre todo alertou da súa intención de aprobar para o vindeiro ano 2025 unha suba do Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 20% despois de que non puideran acometela nesteexercicio ao quedar fóra de prazo.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas